Nota de prensa de Compromiso por Galicia sobre a remodelación da Praza do Hospital

81

O pasado venres 27 de decembro de 2013 o PSOE aprobou as obras que se incluen no P.O.S. (Plan de Obras e Servizos) da Deputación para o ano 2014. O 80% do orzamento, uns 400.000 euros irán destinados a remodelar a Praza do Hospital. A oposición foi informada das obras que se pretendían incluir o xoves 26 ás 19:00 horas, coa conseguinte dificultade para analizar a documentación que se presentaba, converténdose este modo de actuar apresurado na tónica habitual do grupo de goberno.
Na sesión plenaria só Compromiso por Galicia votou en contra desta proposta argumentando que non respecta un elemento patrimonial da vila que pouco parece importarlle ao PSOE, que non se soluciona o problema de seguridade na incorporación dende a Avenida da Habana e que hai outras prioridades onde invertir antes da “adoquinación continua” da vila.
Agora pasado un mes, dende Compromiso por Galicia observamos como os veciños e veciñas tampouco comparten esta “suposta humanización”. En palabras da concelleira Jéssica Fernández Polo “ Está claro que este tema está causando polémica, a xente non entende que se cambie unha praza por unha rotonda e se poña adoquín nun lugar de tráfico intenso”.


Incluso a Plataforma en Defensa do Patrimonio elaborou unha proposta alternativa na que a remodelación da praza se plantexa dende un punto de vista máis respectuoso e dando prioridade ás persoas. Dende Compromiso por Galicia entendemos que esta e outras propostas deben ser estudadas seriamente, dando a importancia que ten a un lugar céntrico da vila.
Jéssica Fernández explica que “ Nós sempre defendimos que había que facer cambios porque non estaba adaptada para persoas con mobilidade reducida. Incluso hai un proxecto dos anos 80 que xa fora escollido entre varias opcións” e ante a situación actual “ O PSOE actúa como sempre, pensando que unha maioría é unha carta branca e está disposto a enfrontarse ao pobo e crear un efecto Gamonal”.
Dende Compromiso por Galicia instamos ao goberno pontés a reconsiderar a remodelación da Praza do Hospital e contar cos veciños e veciñas para decidir onde e como se invirte o diñeiro público.

También podría gustarte
Comentarios