SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO AS PONTES FS – FS ZAMORA (4-3)

101

O Esteo, que chegou a ir perdendo por 0-2 e 2-3, ó final acabou impoñéndose con moito traballo ó Zamora por un apertado 4-3 nun encontro no que houbo seis goles na primeira metade e tan só un na segunda. Ós cinco segundos de partido adiantáronse os visitantes con gol de Simón, que volven a marcar por mediación de Velasco ós tres minutos. Os ponteses conscientes da importancia dos puntos reaccionaron e lograron o primeiro empate do partido con tantos de Bolly e Gerveno. O segundo empate prodúcese nos segundos finais deste primeiro tempo ó marcar Rober Paz a falta de trinta segundos, contrarrestando o gol que marcara vinte segundos antes o visitante Oli.
A intensidade vivida na primeira parte pasou factura ós dous equipos e as chegadas á portería contraria xa non eran tan claras. O dominio era do Esteo, que mediado este segundo tempo logra poñerse por primeira vez por diante no marcador con gol marcado por Fran. Nos minutos finais o cadro de Zamora intentou igualar a contenda sacando porteiro xogador, pero ó final o marcador non se moveu.
Tres importantes puntos para un Esteo que sube á oitava posición e que descansará na vindeira xornada para visitar despois ó conxunto segoviano do Espinar Arlequín.
“esteo”


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Ito, Gerveno, Rober, Héctor, Fran –cinco inicial- Pelu, Rubi, Bolly e Gerardo.
FS ZAMORA: Mañanes, Rubén Cala, Simón, Javi Cala, Velasco –cinco inicial- Josico, Oli e Pintado
GOLES: Min 1 (0-1), Simón. Min. 3 (0-2), Velasco. Min 14 (1-2), Bolly. Min 16 (2-2), Gerveno. Min 20 (2-3), Oli. Min. 20 (3-3), Rober. Min. 31 (4-3), Fran.
ÁRBITROS: Esteban Otero Calvo e Jorge Varela Señarís, de Santiago. Tarxetas amarelas a Pelu, Gerveno e Héctor.
INCIDENCIAS: Partido da décimo sétima xornada de liga de Segunda División B disputado no pavillón municipal da Fraga ante uns 200 espectadores.
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios