Gran éxito do Club Sílex no Campionato de España de Sala de tiro con Arco en La Nucia (Alicante)

46

Dende o pasado venres día 31 de xaneiro veuse en celebrar o Campionato de España de Sala Absoluto, Junior e Adaptado nas instalación da “Ciutat Esportiva – Pavillón Municipal Camilo Cano” en La Nucia (Alicante).Organizado pola RFETA Club de tiro con Arco San Vicent de Raspeig e o Concello de La Nucia.
O Venres iniciabase o Campionato coa entrada en liza dos arqueiros de Composto. Xaquin Mira, antergo membro do equipo nacional da RFETA, comenzaba a competición tirando a sua primeira serie obtendo unha puntuación de 289 , alcanzado o 6 posto. Continuou a competición terminando a serie clasificatoria con 575 puntos . Quedou no posto 11 nas series clasificación, obtendo o pase as series de eliminatorias.
A medio dia iniciaba o resto dos integrantes de Sílex a competición no Campionato Junior. Con Miguel na cabeza da clasificación , Daniel non lle ia a zaga. Cristina mantiña una posición discreta na clasificación das féminas. O remate das series de clasificación Miguel Alvariño acadaba o primeiro posto con 586 puntos e superaba o record de España da categoría en 5 Puntos. Algo mais distanciado quedou Daniel Castro con 564 puntos no cuarto posto. Na categoria das mulleres Cristina Castro iniciaba o campionato para rematar as series clasificatorias no 10 posto.


Pola Tarde se desarrolló as series de clasificación para os senior de arco recurvo, pero nesta ocasióin o Club Silex non destacou ningún arqueiro.
Terminaba a xornada coñecendo a clasificación por equipos para Galicia en arco recurvo e Composto. Asi en arco Recurvo alcanzabase a segunda praza grazas os puntos obtidos nas series clasificatorias de Miguel Alvariño, Daniel Castro e Jose M. Fernandez Rodriguez de Arco barco, o que daba pe a disputar as series finais por equipos o domingo.
silex_1.jpg


Outro Tanto ocurria co equipo de Arco Composto, grazas a Xaquin Mira, Alberto Blazquez (Arco Naron) e Guillermo Rodriguez (Arco Ferrol), que obtivo a 5 praza nos clasificatorios, pasando a fase final, que tamen se disputaría o Domingo.
O Sabado pola mañan daban comenzó as series de eliminatorias e finais, que se disputaron polo sistema de sets.
En Arco Composto en 1/16 Xaquin enfrentabase a Martin Rebollo Garrido de andalucia, Tendo que decidir a eliminatoria por frecha de desenpate gañandoa Rebollo.
En Arco Recurvo junior en 1/8 Cristina enfrentouse a Celia Castaños (Madrid) superandoa por un contundente 6-0; xa en ¼ enfrentouse a favorita e a postre Campiona de España Adriana Martin Lazaro (Madrid) ante que perrdeu, pero non por eso perdeu a tranquilidade e aplomo que pouco a pouco vai demostrando, permitiéndolle demostrar a suas cualidades técnicas o ser consciente das suas posibilidades.
Daniel na categoria Recurvo Junior enfrentouse en 1/8 a David Gonzalez Torres (Madrid) nunha eliminatoria complicada, pero superada finalmente por un 6-4; en ¼ enfrentouse a Ruhollah Ribas (Cataluña) venciendole por 6-2, quen curiosamente volvia directamente do Torneo Internacional de Telford onde alcanzara o 5 posto na categoría junior; xa en semifinais enfrentase a Miguel Alvariño con quen perde por 1-7 e que non lle dira opción; na final pola medalla de bronce enfrentouse a Javier Gonzalez Torres (Madrid) 4-6 donde foron indo moi igualados ata a entrada final onde o seu 29 pouco pudo facer contra o 30 de Javier quedando a eliminatoria 4-6 a favor de Javier.
Na mesma categoría que Daniel, Miguel enfrentouse en 1/8 a Sergio Garcia (Madrid) superandolo por un contundente 6-0; en ¼ entrentouse a Francisco López (Murcia) superandolo co mesmo tanteo; en semifinais enfrentase a Daniel a que supera por 7-1; Xa na final enfrentase a Sergio del Olmo (Valencia) ante quen cedeu un set para imponerse finalmente por un 6-2 declarandose Campion de España de Arco Recuvo Juvenil Home. Todo un logro que levaba tempo acariciando.
A partir das 9:30 do Domigo: desarrollaronse as eliminatorias de equipos de Comunidades Aútonomas.
O equipo de Composto, formado por Alberto Blazquez, Guillermo Rçodriguez e Xaquin Mira, enfrentabase primeramente o equipo de Andalucia, indo sempre por diante terminaria en 232-230; na seguinte eliminatoria enfrentaronse o equipo de Madrid ganando comodamente; xa na final enfrentabanse o equipo de Aragon, empezaron baixo pero foron remontando ainda que non o suficiente para superarlos, perdendo finalmente por 226-228, sendo declarados subcampións.
O Equipo de Arco Recurvo, formado por Jose Fernandez, Miguel Alvariño e Daniel Castro, Enfrentouse na primeira eliminatoria ao equipo de Castilla-Leon, venciendoo por 226-205 nunha eliminatoria na que estiverón moi centrados; na seguite eliminatoria enfrentabanse o equipo de Baleares a quen venceron por un apretado 231-229 , xa que en toda a eliminatoria estiveron moi igualados ;na final enfrentaronse o equipo de Madrid quen no momento que Galicia fixo un pleno (60 puntos) non foi quen de alcanzarnos, terminando con 232-226 e Galicia Campiona de España de Equipos en Arco Recurvo.
Por ultimo despois das finais de equipos e antes da clusura do Campionato, coa participación de distintas autoridades, celebrouse a ceremonia de entrega de Medallas e Trofeos os Campións das distintas categorias.
So destacar o gran exito dos arqueiros do Club Sílex neste Campionato, que é o froito dun prolongado traballo dende o Club e o gran esforzo que todos os deportistas estan a realizar todo os dias.
silex_2.jpg
silex_3.jpg
Nova cortesía Club Sílex

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios