PLENO DOS EQUIPOS PADEL EUME

50

Inmellorable debut dos dous equipos ponteses con un sábado cheo de victorias e bo padel.
As 12 do mediodía comezaba a sua andadura a nova escadra pontesa na cuarta categoría galega , os rivais Padelmar 06 equipo ferrolan do cal non se tiñan referencias.
Como primeira parexa entraban Carlos Portas e joseluis Vilasuso os cales non pagaron os nervios do debut , con unha facilidade pasmosa aplastaban os rivais por un contundente 6/1-6/0.
Na pista contigua Guiller Rivera e Dani Cillero non deixaban ningún tipo de dubida e con un partido moi serio sen apenas erros poñian o segundo punto para os ponteses . 6/2-6/1
Armando Maseda e Diego prieto disputaban o terceiro punto da eliminatoria, esta parella xa bastante esperimentada , solventou con moita tranquilidade o seu partido, poucos erros non forzados, moi cordinados e seguros na volea non daban opción e impoñianse por un claro 6/4-6/2. E solventaban a eliminatoria co terceiro punto para os nosos.


Borja Pena e Esteban Diaz tiveron o partido mais igualado, o comezo todo parecía decantarse os ponteses con un xogo serio e seguro, pero cando tiñan que cerrar o primeiro set varias bolas que parecían puntos xinxelos ianse a malla e complicabanse de tal forma que os levou a caer por 5/7, no segundo coma se ainda pesase a oportunidade perdida no primeiro , os erros non forzados levaronos a perder 2/6, este partido xa era intrascendente poñia o 3/1 no computo global.
Como remate final Toni Purriños e Oscar Bermudez disputaron un bo partido , igualado pero que sempre tiveron controlado os ponteses , facianse co primeiro set 6/3 xogando solidos e sen confianzas , o segundo xa seria outra historia e tiveron que poner toda a carne no asador para levalo por un igualado 7/6.
Non se pode pedir mellor xogo nin mellor ambiente que vivimos o sábado no debut deste equipo que promete dar moitas alegrías.


As tres da tarde entraba en liza o primeiro equipo de Padel Eume en busca da sua segunda victoria da tempada, tiña en fronte o clube de padel Ortigueira a priori un dos rivais mais duros de todo o grupo e asi o demostraron vendendo cara a sua derrota con partidos moi axustados.
Como primeiros espadas entraban Angel Cañizares e Marquiños fdez, un partido moi coplicado se lles presentaba por diante pero dende o comezo brillaron os dous a un nivel incrible con puntos de autentico luxo , non deron unha bola por perdida , en momentos cruciais co marcador encontra comportaronse como tempanos de xeo dando toda unha lección de bo padel e trankilidade , vencían e convencían por un 7/6 6/3 .
Na pista contigua tiñan outro difícil enfrentamento os primos Santi barro e Dani pena con un primeiro set igualadísimo que caeo o noso favor 7/5 non baixaron a intensidade en ningún momento. Santi inconmensurable devolvía todo parecía un muro Dani facia o seu papel a perfeccion e traían o segundo punto o noso casilleiro con un 6/3 .
Os seguintes en entrar en pista foron fernando Caaveiro e Xalo maira o partido mostrouse igualado no primeiro set Xalo aguantou os envites rivais cunha tranquilidade pasmosa e caeo o primeiro set para os ponteses 6/4 , o segundo set foi un pouco mais sinxelo 6/0 , co cal sentenciaban o envite 3-0 para Padel Eume.
David Lake (leyenda) e Pachi Dopico tiveron o encontró mais comodo da tarde rápido se puxeron por diante no marcador e non deron opción algunha os rivais ,6/1 6/0.
Con todo decidido entraron en pista Manuel Ferro e Poty leal tiñan enfronte un bonito partido , moi igualado e intenso, despois dun primeiro set igualadísimo que se decidiu por pequenos detalles 7/6 o segundo comezou con mais olgura para os nosos que souperon a base de globos e dominando a rede levalo cun comodo 6/3.
Cabe destacar o bon ambiente dos dous planteis que xa se teñen enfrontado nun sinfín de torneos e amistosos poderia calificarse como unha eliminatoria dun monton de amigos que souperon disfrutar dunha moi boa tarde de padel.
Nova cortesía de Fernando Caaveiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios