CLUB DEPORTIVO AS PONTES: AXENDA DEPORTIVA: 7/ 8/9 – FEBREIRO – 2014: POR PRIMEIRA VEZ EN MOITOS ANOS NON HAI PARTIDOS NO POBOADO ESTA FIN DE SEMANA

141

Polo mal estado dos campos só xoga na casa o equipo de Terceira División
Dende que existen equipos de base no Club Deportivo As Pontes, é a primeira vez que tódolos equipos, agás o de Terceira División, xogan fóra das Pontes, xa que catro partidos dos equipos de base teñen que disputarse como locatarios no campo dos Calzados, do veciño concello da Capela, de herba artificial. Os outros sete encontros dispútanse como visitantes en distintos campos da comarca ferrolá.
A causa desta hai uns anos habitual situación é o mal estado no que se atopan os cinco campos anexos do Poboado, totalmente encharcados e embarrados o que dificulta a práctica do fútbol con certa normalidade. Xa a pasada xornada houbo que aprazar, polo mal tempo, os partidos da xornada do sábado.
As continuas e intensas chuvias que están caendo dende hai uns tres meses son a principal causa desta situación, pero non é a única.
En tempadas anteriores tamén houbo que facer uso do campo capelán en varias ocasións e nesta xa se disputaron catro encontros, dous o equipo B, un o conxunto cadete e o pasado domingo o cadro infantil.
Así que este sábado non hai partidos no Poboado por primeira vez en moitos anos. Toca viaxar a todos, polo que os pais/nais dos nenos/as, así como os afeccionados teñen que achegarse ata Os Calzados para ver os partidos dos seus equipos.
cdaspontes.jpg


A axenda queda así:
TERCEIRA DIVISIÓN (25ª xornada)
C.D. AS PONTES – R.C. DEPORTIVO B (Fabril Deportivo)
CAMPO DO POBOADO (Domingo 9, 16,30 h)
ÁRBITRO: Javier Pérez Prado (Lugo)
SEGUNDA AUTONÓMICA
MANDIÁ CF – CD AS PONTES B
Campo de Aneiros (Sábado 8, 16,15 h)
LIGA FEMININA
SD RÁPIDO NEDA – CD AS PONTES
Campo de Neda (Sábado 8, 12,15 h)
LIGA XUVENIL GALEGA
SD NEGREIRA – CD AS PONTES
Campo de Cepelo, Negreira (Sábado 8, 16,00 h)
LIGA CADETE
CD AS PONTES – CULTURAL MANIÑOS
Campo dos Calzados, A Capela (Domingo 9, 11,30 h)
LIGA INFANTIL
AD MIÑO – CD AS PONTES
Campo de Miño (Venres 7, 17,15 h)
LIGA ALEVÍN
GALICIA CARANZA – CD AS PONTES
Campo de Caranza 2 (Sábado 8, 10,00 h)
CD AS PONTES B – UD CEBARCA
Campo dos Calzados, A Capela (Sábado 8, 10,00 h)
LIGA BENXAMÍN
R. FERROL D – CD AS PONTES
Campo da Malata 2, Ferrol (Venres 7, 18,50 h)
CD AS PONTES B – CEDEIRA SD
Campo dos Calzados, A Capela (Sábado 8, 11,10 h)
LIGA PREBENXAMÍN
CCRD PERLÍO – CD AS PONTES
Campo dos Pinares, Perlío (Sábado 8, 13,00 h)
CD AS PONTES B – SD RÁPIDO DE NEDA
Campo dos Calzados, A Capela (Sábado 8, 12,20 h)
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios