O proxecto ideaAspontes, continúa buscando a colaboración dos veciños e veciñas das Pontes

108

Dende o pasado ano, o Concello das Pontes ten posto en marcha unha novidosa iniciativa de participación cidadá nos traballos do PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal), chamada ideaAsPontes. Por medio deste proxecto, procúrase a colaboración de todas aquelas persoas interesadas no futuro do seu Concello, nun proceso de elaboración conxunta ao que incorporar as súas experiencias e necesidades.
Debido ao seu carácter innovador, o proxecto resultou seleccionado para competir polo premio convocado pola Asociación Finisterrae de Profesionais do Desenvolvemento Local de Galicia (AFIPRODEL). O concurso busca premiar proxectos que, entre outras cousas, mobilicen o potencial dos territorios e impliquen á cidadanía e colectivos, xerando colaboracións entre os diferentes actores implicados. A maiores do premio que será decisión dun xurado, haberá un premio especial para o proxecto máis valorado ata o 15 de febreiro polos usuarios da páxina web http://premios.afiprodel.org/.
Por outra banda, segue aberta a enquisa online ideaAsPontes http://www.ideaaspontes.com/enquisa-idea-participa-e-gana/ e como peche do proxecto abrirase nos próximos días o prazo para concursar en dous certames cun compoñente máis artístico: Fotografía Participativa e Micro-Relato.
“idea-aspontes”


No referido a reunións presenciais, o proxecto continúa coa súa axenda de actividades abertas a toda a veciñanza interesada, para todo tipo de público, sempre que sexan maiores de 18 anos e residentes no concello. Nestas actividades traballarase sobre as necesidades da veciñanza, tentando ofrecer propostas de futuro.
A próxima semana, dende o luns 17 ata o xoves día 20, concentraranse varias destas reunións. A primeira delas, no Local Social do Aparral, estará aberta a veciños e veciñas de esa mesma parroquia e dos lugares de Mariñaleda, O Paraño e O Caneiro. Por outro lado, os seguintes días, as actividades terán lugar no Mercado Vello, e estarán abertas a veciñanza dos lugares das Campeiras, O Brixeo, O Chamoselo, Os Chaos, Cal de Avelaíña, A Cuíña, O Narón, A Mourela, Casanova, Loureiros e Campo da Cova.
Para participar soamente é preciso inscribirse enviando un correo electrónico a participaen@ideaaspontes.com, chamando ao teléfono 622.33.77.50, ou contactando co equipo do proxecto a través da paxina web http://www.ideaaspontes.com/
idea-aspontes
idea-aspontes
idea-aspontes
idea-aspontes
idea-aspontes
idea-aspontes
idea-aspontes
idea-aspontes
idea-aspontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios