O CLUBE DE PADEL AS PONTES GAÑA O DERBI LOCAL Ó PADEL EUME B POR UN CONTUNDENTE 5-0

57

Escudo-Padel-As-Pontes.jpgA pasada fin de semana xogouse nas instalacións de padel de San Mateo, en Narón o derbi pontés de padel correspondente á terceira xornada da liga Rias Altas correspondente á categoría 4ª masculina do grupo II entre os equipos da nosa vila Club de Padel As Pontes e o Padel Eume B, vencendo claramente o Club Padel As Pontes por 5-0.
Os resultados de cada enfrontamento foron os seguintes:
A parella formada por David Cazás e Leopoldo Pena gañou en dous sets por 6-4 e 6-2 á parella Armando Maseda-Diego Prieto, de Padel Eume.
Chicho Tembrás e Edgar Franco gañaron en tres sets (6-2,4-6 e 6-4) a Daniel Cillero e Manuel Bermudez.
No terceiro encontro, Raúl Meizoso e Juan Trastoy gañaron tamén en tres sets por 6-4,1-6 e 7-5 á parella formada por David Sevilla e Tomás Diaz, de Padel Eume.
A parella composta por José Luís Trastoy e Antonio Ramos venceron en dous sets por 6-4 e 6-3 á parella formada por José Luís Villasuso e José Carlos Fernández.
E finalmente, Antonio Prieto e Rubén Darío Vivero superaron en dous sets por 6-4 e 6-2 á parella de Padel Eume formada por Borja Pena e Esteban Diaz.


Despois deste resultado o equipo de Padel As Pontes consolida a súa segunda posición do grupo con dúas vitoria e unha derrota, por detrás do primeiro clasificado, Global R, de Narón, que suma tres vitorias nas tres xornadas disputadas. Pola súa banda, o Padel Eume B é terceiro, cunha vitoria e unha derrota.
O partido tería que haberse xogado nas Pontes, pero debido á climatoloxía adversa as pistas situadas na Canle 4, ó seren descubertas, non están aptas para disputar os partidos, e ó non haber tampouco pistas cubertas no noso concello, non quedou mais remedio que ir xogar a Narón. De feito, están sendo moi comentada por todos os usuarios do Padel de As Pontes, a necesidade de que existan pistas cubertas na nosa vila, pois nos meses de outono e inverno, e inclusive na primavera, teñen que desprazarse a outros lugares tanto para adestrar como para disputar os seus partidos de liga.
“padel-aspontes”
padel-aspontes
padel-aspontes
padel-aspontes
padel-aspontes
Nova de Club Padel As Pontes e AF.
Fotos de AF (un partido disputado nas Pontes o pasado verán)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios