Unha xogadora pontesa debuta na máxima categoría do rugbi feminino español

103

A xogadora pontesa Carla da Silva Castro debutou esta pasada fin de semana co primeiro plantel do Crat Universidade da Coruña, equipo no que noutrora tamén xogou a locataria Jacqueline Cruz Chayana, e que ademáis marcha primeiro clasificado cando se levan desputadas as dúas primeiras xornadas.
O equipo coruñés desprazouse esta fin de semana a Madrid, onde venceu 0-29 ó Cisneros. Na primeira xornada gañaron por 56-0 ó Majadahonda. Lideran a clasificación con 10 puntos, por diante do INEF Barcelona que ten 8, Olímpico de Pozuelo 6, Getxo 6, GEiEG 5, Sanse 5, Majadahonda 1 e pecha Cisneros que aínda non puntuou.
CRAT_1.jpg


Esta é a cuarta edición da División de Honra Feminina, gañada nas tres tempadas anteriores polo Inef de Barcelona, nas que o clube coruñés acadou dous subcampionatos e un terceiro posto.
Carla, que recentemente cumpriu 20 anos, que foi xogadora do equipo feminino de fútbol, e está estudando Inef na cidade coruñesa, entrou na segunda metade.
CRAT_2.jpg
Nova cortesía Xose Ferreiro. Fotografías cortesía http://aralerugby.blogspot.com.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios