Norm Maxwel, un ex integrante dos míticos All blacks de rugby estará mañá en As Pontes

109

O C. R. Fendetestas fará de anfitrión do ex-xogador da selección de Nova Zelandia de rugby, que ven coñecer como desenvolve o seu traballo o histórico clube pontés.
A visita comezará cunha parada no Colexio Santa María, cos nenos e nenas que teñen neste centro o rugby como actividade extraescolar. A continuación, ás seis menos cuarto será recibido no Concello polo Alcalde Valentín González e o Concelleiro de deportes, Carlos Castro. Seguirá una visita ás instalación do campo Monte Medulio, onde desenvolve as súas actividades o clube pontés, e ós campos de fútbol de O Poboado, que poderían albergar algún evento dos que conmemoren os vintecinco anos que fai o Fendetestas. Para pechar terá un encontró cos equipos senior, feminino e os rapaces e rapazas da base dirixindo un adestramento. Norm Maxwell foi internacional coa selección dominadora do panorama internacional, Nova Zelandia, en 36 ocasións. Neses partidos internacionais acadou cinco ensaios na súa carreira. Ademais xogou tamén o super 15, o Torneo de Clubes máis prestixioso do mundo.
Esta lenda viva do rugby estará compartindo una tarde cos afeccionados ao deporte do balón ovalado en As Pontes, logo de que o clube decidise facer de portas abertas o adestramento que dirixirá esta tarde, ás sete. Esta sesión farase no pavillón do Instituto Moncho Valcarce, toda vez que o campo de Monte Medulio, está moi castigado polas chuvias e o sábado os ponteses xóganse afianzarse na terceira praza da liga no partido que os enfronta ó CRAT de A Coruña.
allblack.jpg


Nova cortesía de Xose Cendán

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios