SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: ESPINAR ARLEQUÍN F.S. – O ESTEO AS PONTES F.S. (5-4)

104

A falta de sete xornadas para o remate da liga, mal se lle poñen as cousas ó Esteo pontés despois de perder por 5-4 na pista do colista do grupo, Espinar Arlequín. Os ponteses seguen de décimos, pero coa clasificación moi comprimida na parte baixa. De gañar en terras segovianas, houbese tomado un bo respiro e situarse na sexta posición a dous puntos do Albense.
En canto ó partido, sinalar que a primeira metade foi de dominio do Espinar, que se foi ó descanso con vantaxe de 2-0, o primeiro anotado por Isaac no minuto 15 e o segundo a piques de soar a bocina por mediación de Abeliyo, aínda que o resultado puido ser máis amplo a tenor dos méritos dos segovianos, xa que o Esteo non estivo nada cómodo nesta primeira metade e dando demasiadas facilidades na parcela defensiva.
Pero, se isto non fora pouco, ó minuto de xogo do segundo tempo encaixa o terceiro tanto por mediación de Isaac, co que o partido quedou practicamente sentenciado. Reaccionan os ponteses e logran marcar o primeiro tanto a disparo de Gerveno uns segundos despois. Pero pouco durou a alegría, xa que novamente o Espinar marca o cuarto por obra de Alfon. A táctica do porteiro xogador fixo entrar no partido ó Esteo ata poñerse cun 4-3 con goles de Rubi e Gerardo. Pero, de novo Alfon marca para os locais o quinto e nos segundos finais Rober Paz logra o cuarto para os ponteses.
Na vindeira xornada complicada visita do Universidad de Valladolid, cuarto clasificado, equipo que gañou na primeira volta ó Esteo por 8-2 e que nesta xornada empatou a dous goles na súa pista diante do Zamora, outro dos equipos situado na zona baixa da clasificación a catro do Esteo.
esteo.jpg


FICHA DO PARTIDO
ESPINAR ARLEQUÍN FS: Kike, Luigi (A), Alfon, Isaac, Abeliyo –cinco inicial- Carlos, Oscaril, Javito (A), Abel, Angulo e Feli (A).
O ESTEO FS: Chotto, Héctor (A), Rubi (A), Gerardo (A), Fran –cinco inicial- Pelu (A), Rober Paz (A), Gerveno e Bolly.
GOLES: Min 16 (1-0), Isaac. Min. 20 (2-0), Abeliyo. Min 21 (3-0), Isaac. Min 22 (3-1), Gerveno. Min 23 (4-1), Alfon. Min. 28 (4-2), Rubi. Min. 36 (4-3), Gerardo. Min. 37 (5-3), Alfon. Min. 40 (5-4), Rober Paz.
INCIDENCIAS: Partido da décimo novena xornada de liga de Segunda División B disputado no pavillón municipal de El Espinar (Segovia) ante uns 100 espectadores nas gradas.
Nova de AF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios