Día de Rosalía

48

Con motivo do Día de Rosalía o 24 de febreiro, a Mesa pola Normalización Lingüística das Pontes está a organizar unha actividade conmemorativa. A asociación propúxolle aos centros de ensino da vila facer lecturas de textos da autora e a resposta foi moi positiva, pois contarase coa participación de todos eles: A Fraga, Santa María, Monte Caxado, A Magdalena, Moncho Valcarce e Castro da Uz. Estes fixarán os seus recitais a diferentes horas da mañá para que a televisión local inmortalice o momento. A actividade continuará pola tarde na biblioteca pública municipal “Enrique Rivera Rouco” de 19.00 a 21.00 h. Todo o mundo está convidado a ler e xa está confirmada a presenza de membros de “Alalá”, o grupo poético da vila, e do Club de Lectura.
dia_de_rosalia.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios