CARA E CRUZ PARA PADEL EUME

58

Na mañan do domingo o Equipo B de Padel Eume desprazabase a terras ferrolans a xogar contra o líder da categoría o Globalpadel R de padelmar, os nosos derono todo pero pouco puideron facer contra este equipo invicto.
A primeira parexa pontesa formabana o debutante Pablo Pico e Nino moledo tocoulles un duro oso de roer unha parella moi esperimentada que non lles deixaron coller o ritmo o partido e perdían por un claro 6/1-6/1.
Guiller Rivera e David Sevilla tentaron de dar o primeiro punto o noso equipo pero con un primeiro set moi dubitativo 6/1 abaixo reaccionaron xogando un grandioso segundo set que se decantou en pequenos detalles , soamente un break 6/4 daba o partido os nosos rivais, quizais pagaron en esceso entrar tan frios no primeiro set.
Esteban Diaz e Oscar Bermudez protagonizaron o mellor partido de todos os xogados na mañan ferrolan, entraron moi enchufados o primeiro envite levandoo por un claro 6/3 , o segundo set foi igualadísimo , no tie break do mesmo dispuxemos de duas bolas de partido que non souperon aproveitar e xa se sabe o que perdoa, 7/6 para os ferrolans, o terceiro set os nosos acusaron na sua cabeza as duas bolas de partido desperdiciadas e entregabano por un comodo 6/1, ainda asi moi bo partido dos nosos rapaces que o deron todo en duas horas durísimas de partido.
De seguido Borja Pena e Jose Carlos Portas xogaban un intenso primeiro set que perderon por un minimo break 6/4 , tanta tensión e igualdade fixo mella nos ponteses e o segundo con moitos erros non forzados entregabano por un claro 6/2.
Daniel Cillero e Manel Bermudez tiñan unha solida parella enfronte con moita experiencia nas suas palas , intentarono de todas as formas posibles pero non poido ser caian derrotados por un marcador que non facia xustiza o partido dos ponteses pois foi moito mais disputado do que este reflexa .6/2 6/3.
Padel eume b segue no alto da taboa clasificatoria compartindo o segundo posto , nas vindeiras xornadas xogaranse importantes enfrontamentos , e esperemos contar mellores novas.
padel_0001.jpg


Boas novas para o equipo A.
Na tarde do domingo repetían lugar os nosos (padelmar ) en Ferrol , enfrontabanse o líder invicto da categoría, pero os padeleiros ponteses co equipo case o completo venceron e convenceron por un comodo 4/1.
Como primeira parella en liza Xalo Maira e Pachi Dopico comezaban o primeiro set con bon pe 6/4 arriba , pero no segundo Dopico aqueixado de suores frios non lle chegaban as augas nos cambios a nada, pesaballe a pala coma se fose unha maza .. perdían por 4/6, no terceiro as forzas estaban xustas sobre todo en Dopico , pero souberon sobrepoñerse 4/1 arriba con moito sufrimento que non se acabaría , os ferrolans enpataban a 4 novamente , pero a sorte desta volta decantouse don noso lado, gañaron o seu saque e romperon en blanco o dos rivais. 6/4 a favor.
Como parella dous poty leal e Manuel Ferro comezaron un pouco dubitativos no primeiro envite , pero souberon sobrepoñerse e levar o mesmo no tie break 7/6 , seguiron collendo confianza e no segundo set non deron opción a uns bons rivais 6/2 , e segundo punto da eliminatoria.
David Lake e Pedro Lopez xogaron un partido pleno de concentración e estratexia, os ponteses non se descoidaron nin un so intre e fixeronse con un primeiro set igualado 6/4 aproveitando os golpes sorprendentes de Lake (a gadaña) e os escasos erros de Pedro que non fallou nada, no segundo os ferrolans lonxe de entregar a toalla aguandaron ata o 4/4 levando o seu saque arriscaron co saque pontes e saiulles ven a aposta, pero os nosos son coma dous tempanos de xeo, entraron no terceiro cunha seguridade pasmosa , Lake movia os rivais o seu antoxo e Pedro seguía o seu sen fallar unha vola , 6/3 e terceiro punto.
Dani Pena e Fernando Caaveiro xogaba na cuarta posición , solidos e duros non deixaron atisbo de dubida vencendo contundentemente por un claro 6/0-6/2.
O único punto que perderon os nosos foi o de Angel Cañizares e Marquiños Fdez. que viñan de colleitar moi bos resultados acompañados dun gran xogo por parte dos dous, pero foi un dia nefasto para os nosos vironse sobrepasados en todo momento por unha gran parella rival que non os deixou respirar , contundente marcador 6/1 -6/1 nun partido para olvidar. Con este resultado os ponteses acadan o liderato empatados con dous equipos mais.
padel_0002.jpg
padel_0003.jpg
padel_0004.jpg
Nova cortesía de Fernando Caaveiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios