CLUB DEPORTIVO AS PONTES: Resultados 21/22/23 – Febreiro – 2014

106

CD As Pontes.jpgSEGUNDA AUTONÓMICA: Numancia de Ares – CD As Pontes B (3-0)
O segundo equipo perdeu en Ares por un contundente 3-0 nun encontro que xogaron Iván, Nando, Rubén, Dario, Carlos, Héctor Antón, Adrián Vilasuso, Samuel, Javi, Troncho e Marcos Novo, saíndo no segundo tempo Moisés, Picallo e o xuvenil Iván Carballeira. Cedeira 44, Neda 41, A Capela 36, Numancia 35, Ortigueira 32, As Pontes e San Mateo 31. A vindeira xornada toca recibir ó Cebarca da Barqueira.
LIGA GALEGA XUVENIL: CD Calasanz – CD As Pontes (2-0)
Xornada aciaga para o Xuvenil, que veu como perdía na casa do líder Calasanz (2-0) e ó mesmo tempo os seus rivais, O Val, gañaba en Vilalba (0-2) e o Imperátor facía o mesmo ante o veciño Ural (2-1), asentado na zona media. Betanzos 25, O Val 22, e descendidos a día de hoxe, As Pontes 20, Imperátor 16 e Fátima 10. Unha final o vindeiro sábado, As Pontes-O Val.


LIGA FEMININA: CD Cariño – CD As Pontes (1-3)
Moi ben o feminino, que gañou 1-3 en Cariño, tantos de Lía, Sara e Andrea Pita, e escala á terceira praza. Lidera Racing de Ferrol con 57 puntos, Maniños 47, As Pontes 44, Mandiá 42, San Sadurniño 40 e O Val B 37. Gran partido o sábado, As Pontes-Cultural Maniños.
LIGA INFANTIL: SD O Val – CD As Pontes (1-3)
Gran vitoria do equipo infantil ante O Val (1-3), e o triunfo do Ferrol B en San Pedro (0-4) e do Portuarios en Perlío (0-1) mantén a clasificación como estaba, os verdes 25 puntos e As Pontes e Portuarios 22. O noveno clasificado Racing San Pedro visita O Poboado.
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase)
Amistade Meirás – CD As Pontes (3-1)
Descansou o CD As Pontes B
Perdeu o Alevín A 3-1 ante o Amistade de Meirás, o que o deixa moi afundido na última praza cun só punto, antes de recibir ó Eume Deportivo, cuarto clasificado. O Alevín B xoga en Ferrol diante do Ánimas.
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
SD O Val B – CD As Pontes (3-3)
CD As Pontes B – SD O Val A (5-4) – Xogado no campo dos Calzados
O Benxamín A empatou 3-3 co Val B, e o Benxamín B venceu 5-4 ó Val A. Benxamín B, oitavo con 13 puntos, e Benxamín A, noveno con 11, visitan ó Portuarios B e reciben ó Portuarios A, respectivamente.
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
SD O Val – CD As Pontes (1-4)
Descansou o CD As Pontes B
Vitoria do Prebenxamín A 1-4 ante O Val, co que escala á sexta praza con 11 puntos. A semana que vén descansan e o Prebenxamín B visita Cabanas para enfrontarse ó Escola de Fútbol.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e AF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios