CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 27/28 FEBREIRO – 1/2 MARZO – 2014

35

UNHA SEMANA MÁIS OS EQUIPOS DE BASE XOGAN TODOS FÓRA DE AS PONTES
Unha xornada máis, e isto parece eternizarse, os equipos de base do Club Deportivo As Pontes xogan fóra do Poboado, incluídos os que o fan como local; que, como menos mal, disputan os partidos no campo dos Calzados, do concello da Capela, situado a uns 18 quilómetros da vila pontesa, e que esta tempada xa leva acollido dez partidos dos distintos equipos do As Pontes. Un recurso que, dende hai uns anos, vén tomando o Club pontés, dado o mal estado no que se atopan os campos do Poboado.
O único conxunto que, en principio, xogará no Poboado será o feminino, nun transcendental partido diante do Cultural Maniños, que se disputará o sábado, 1 de marzo, a partir das catro e media da tarde.
PARTIDOS FIN DE SEMANA
TERCEIRA DIVISIÓN (28ª xornada)
S.D. NEGREIRA – C.D. AS PONTES
CAMPO GARCÍA CALVO, Negreira (Domingo 2 – 12,00 h)
ÁRBITRO: UXÍO CAAMAÑO VÁZQUEZ (Vigo)
SD-Negreira.jpg


SEGUNDA AUTONÓMICA
CD AS PONTES B – UD CEBARCA
Campo dos Calzados, A Capela (Domingo 2 – 16,30 h)
LIGA FEMININA
CD AS PONTES – CULTURAL MANIÑOS SD
Campo do Poboado F-7 (Sábado 1 – 16,30 h)
LIGA XUVENIL GALEGA
IMPERÁTOR OAR – CD AS PONTES
Campo da Grela-2, A Coruña (Sábado 1 – 16,00 h)
LIGA CADETE
CD AS PONTES- CEDEIRA SD
Campo dos Calzados, A Capela (Venres 28 – 17,30 h)
LIGA INFANTIL
CD AS PONTES – R. SAN PEDRO CF
Campo dos Calzados, A Capela (Domingo 2 – 11,30 h)
LIGA ALEVÍN
CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO
Campo dos Calzados, A Capela (Sábado 1 – 11,00 h)
SD ÁNIMAS – CD AS PONTES B
Campo da Gándara-3, Ferrol (Sábado 1 – 10,30 h)
LIGA BENXAMÍN
RACING FERROL D – CD AS PONTES
Campo da Malata, Ferrol (Xoves 27 – 19,00 h)
CD AS PONTES – SRD PORTUARIOS
Campo dos Calzados, A Capela (Sábado 1 – 12,10 h)
SRD PORTUARIOS B – CD AS PONTES B
Campo de Aneiros, Ferrol (Sábado 1, 10,45 h)
LIGA PREBENXAMÍN
EF CABANAS – CD AS PONTES B
Campo de Cabanas (Sábado 1, 11,00 h)
DESCANSA CD AS PONTES
CATEGORÍA BIBERÓN
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES
Pontedeume (Venres 28, 18,30 h)
Nova cortesía de AF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios