8ª XUNTANZA DOS TRITÓNS DE SAA

85

O pasado sábado máis de cincuenta antigos xogadores do desaparecido Club Os Tritóns de Saa reuníronse nun xantar de confraternidade nun coñecido restaurante de As Pontes. Esta foi a oitava edición desta xuntanza de antigos xogadores, a gran maioría orixinarios de Saa, o barrio máis poboado da parroquia de Vilavella, para lembrar vellos tempos da xuventude e dos bos momentos pasados xuntos practicando fútbol con auténtica afección.
A vestimenta deste desaparecido equipo era de cor verde e branca a franxas verticais e calzón branco. Primeiro xogaban en herbeiras para despois facer un terreo de xogo no lugar de Saa de Arriba. En ocasións reforzábase con xogadores do Calvo Sotelo e Endesa, como Manolo Vilaboy, Bermúdez, Luciano, Pepe Dasilva, Paco Pena, Calpita e outros.
“tritons_saa”


Os Tritóns de Saa, tamén coñecido como Deportivo Saa, foi un daqueles equipos non federados que existiron no concello das Pontes alá polas décadas dos anos sesenta e setenta do pasado século, que participaban en encontros amigables, principalmente no verán, nos torneos das diversas festas patronais das parroquias pontesas e dos arredores.
Na década dos anos oitenta participou nunha liga que non tiña un carácter oficial. Este histórico equipo, recordado con nostalxia por moitos afeccionados, desapareceu hai preto de trinta anos. Pero, os que formaron parte del, dende hai sete reúnense nun xantar de confraternidade para lembrar vellos tempos.
tritons_saa
tritons_saa
tritons_saa
tritons_saa
tritons_saa
tritons_saa
tritons_saa
tritons_saa
tritons_saa
tritons_saa
tritons_saa
tritons_saa
tritons_saa
tritons_saa
tritons_saa
tritons_saa
tritons_saa
tritons_saa
tritons_saa
tritons_saa
Nova cortesía de AF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios