SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: AZKAR LUGO B – O ESTEO AS PONTES F.S. (4-6)

127

Escudo-O-Esteo.jpgImportante vitoria por 4-6 do Esteo en Lugo ante o filial do Azkar Lugo que lle permite respirar con máis tranquilidade mentres que pola súa banda o conxunto lugués afúndese na derradeira posición da clasificación Do grupo primeiro de Segunda División B. Aínda que o Esteo amosou no pavillón lugués a súa superioridade sufriu moito para acadar os tres puntos, cunha primeira parte moi igualada que rematou con empate a dous goles con goles de Zala e Javi Río para o Azkar B e Héctor e Bolly para o Esteo. Tralo descanso o conxunto pontés saíu a polo partido e ós sete segundos Rubi pon por diante ós ponteses e uns minutos despois Héctor e Rober Paz incrementan a diferenza no marcador o que facía pensar nunha clara vitoria do Esteo. Pero os locais reaccionaron e co porteiro xogador acurtan distancias por mediación de Javi Río e xa no derradeiro minuto de partido Gerardo, polo equipo das Pontes, e Adrián, polo Azkar B, poñían o 4-6 definitivo.
Con esta vitoria o Esteo sitúase na novena posición con seis puntos por riba do descenso. Na vindeira xornada ten outra auténtica final, nada máis e nada menos que co Noia, segundo na clasificación, que nesta xornada desperdiciou unha boa ocasión de achegarse ó líder Narón ó perder na casa diante do Zamora (2-3), cando hai quince días vencera con claridade en Narón (1-4).


FICHA DO PARTIDO
AZKAR LUGO B: Nacho, Zala, Javi Río, Adrián, Rubas –cinco inicial- Cabanas, Manu, Cancio, Diego, Porto, Asier e Balsa
O ESTEO FS: Chotto, Fran, Héctor, Rubi, Rober Paz –cinco inicial- Gerveno, Gerardo, Bolli e Pelu.
GOLES: Min 2 (0-1), Héctor. Min. 16 (1-1), Zala. Min 18 (2-1), Javi Río. Min 19 (2-2), Bolli. Min 21 (2-3), Rubi. Min. 27 (2-4), Héctor. Min. 29 (2-5), Rober Paz. Min. 36 (3-5), Javi Río. Min. 39 (3-6), Gerardo. Min. 40 (4-6), Adrián.
ÁRBITROS: Roldán Pérez e Ferrero Carballal, de Pontevedra. Amoestaron a Rubas, Manu –en dúas ocasións polo que foi expulsado- e Cancio, do Azkar B, e a Fran, Héctor e Gerveno, do Esteo
INCIDENCIAS: Partido da 21ª xornada de liga de Segunda División B disputado no pavillón municipal de deportes de Lugo ante uns 100 espectadores nas gradas.
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios