DESPOIS DE MÁIS DE TRES MESES VOLVEUSE A VER O SOL NAS PONTES

41

Hoxe, xoves 6 de marzo, será un día inesquecible para todos, pois o sol apareceu de novo despois de tres longos meses de penumbra, con ceos encapotados, nubes constantes, chuvias persistentes e por momentos intensas, frío e algún que outro día algunha pequena nevarada nas Pontes, aínda que nas comarcas altas de Galicia foron máis copiosas.
Hoxe o ceo amenceu nas Pontes cun espléndido cor azul, sen nubes, agás o vapor dunha torre da central e as estelas que deixaban os avións no seu pasar por riba da nosa vila.
Un saía tódalas mañás a camiñar e non quedaba máis remedio que ir ben abrigado e levar o paraugas, por veces non utilizable polos fortes ventos. Víase á xente desanimada e continuamente falando do mal tempo, aínda que falar do tempo é tema sempre recorrente para iniciar unha conversa.
Chuvia tras chuvia, frío e máis frío, días seguidos con fortes ventos e unha adversa climatoloxía, que convidaba máis a meterse ó quente da lareira. Temperaturas por debaixo do cero, con ventos de máis de cen quilómetros, moitos litros de chuvia caídos ó longo de varios días, os pantanos a rebordar e os ríos enchidos de auga e por veces revoltos pola intensidade das correntes.
Unha semana si e outra tamén entraba unha agora pomposamente chamada “cicloxénese explosiva”, que antes se coñecían como borrascas ou temporais, con chuvia, vento e frío e que foron bautizadas con nomes femininos, como Qumaira, Ruth, Christine, Petra, Stephanie.
Máis de cen días case a escuras, pois o sol, ó Deus Sol, non o deixaban ver as persistentes nubes que viñan do norte, do nordés e do noroeste. Pero, por fin, hoxe 6 de marzo, no que os nenos e nenas voltaron á escola despois das vacacións do Entroido, parece que quere entrar o bo tempo a tan só quince días da chegada da primavera. Un día que ten que entrar na historia, pois xa había varias décadas que non se deixaba ver o sol e chovera tanto e seguido en máis de tres meses.
Hoxe, xa se vían rostros máis alegres, o sol saíu por fin, veuse a luz, subiron considerablemente as temperaturas, deixou de chover e de ventear. Hoxe xa cantaban máis os paxariños, xa había máis xente polas rúas, que sorprendidos comentaban uns con outros que por fin saíra o sol. Porque, o sol é a vida, tanto para as persoas coma para o campo e os animais, aínda que tamén a auga é un ben moi prezado para todos.
Polo tanto, gocemos deste sol que por fin chegou, destes días de bo tempo e o que veña despois benvido será, porque así é a natureza, á que tanto maltratamos e á que tanto debemos.
As Pontes, 6 de marzo de 2014 (AF)
“sol_aspontes”


sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
sol_aspontes
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios