CLUB DEPORTIVO AS PONTES: Resultados 7/8/9 – Marzo – 2014

33

DESPOIS DE CASE MES E MEDIO OS EQUIPOS DE BASE XOGARON NO POBOADO
Nunha fin de semana na que os equipos de base volveron a xogar no Poboado despois de mes e medio de facelo no campo dos Calzados, da Capela, houbo resultados para tódolos gustos, sendo o resultado máis doloroso a derrota do equipo de Terceira División, que parece afrouxar nas últimas xornadas, nas que só sumou un punto na súa visita a Negreira e perdeu no Poboado contra dous rivais directos pola loita na promoción de ascenso.
Primeiro foi o Pontevedra, que o goleou por 1-4 e na tarde do pasado domingo foi o Ordes quen se levou os tres puntos do Poboado ó gañar por 0-1 nun partido que non gustou a ninguén e que será mellor esquecer. Os da terra dos queiques sumaron así a súa terceira vitoria na historia dos 22 enfrontamentos entre os dous equipos no campo pontés, sendo o primeiro na tempada 1961/62, na Serie A Rexional (hoxe Preferente) con vitoria do entón Calvo Sotelo por 1-0. O Calvo Sotelo aliñara naquel partido xogado no Poboado o 25 de febreiro de 1962 a Man, Nené, Modesto, Barreira, Hurtado, Cayetano, Cruz, Lexo, Burgos –autor do gol- Peci e Teruel.
Era adestrador do equipo pontés o coruñés Rodrigo Vaquero Casal. O Calvo Sotelo quedara campión do grupo norte da Serie A e na fase de ascenso quedou terceiro, por detrás de Foz e Bueu, equipos que ascenderon á Terceira División.
Na vindeira xornada difícil e complicado partido na casa do cada vez máis líder Boiro, e na seguinte a visita ó Poboado do Somozas, conxunto que nesta xornada goleou a domicilio ó Bertamiráns e ten pendente de xogar os derradeiros sete minutos do partido contra o Cerceda, encontro que ía gañando por 1-0 cando se produciu o fatal falecemento do seu presidente Manuel Candocia, polo que de sumar os tres puntos colocaríase na segunda posición a un só punto do Boiro.
Tamén dolorosa a derrota do conxunto xuvenil no Poboado ante o cadro do Val por 0-1, resultado que o coloca nunha complicada situación para manterse na categoría.
Sinalar que o equipo biberón non puido disputar o seu partido contra o Perlío por atoparse enfermos varios xogadores do conxunto de Fene. Rivas aproveitou para facer unha sesión de adestramento.
Calvo-Sotelo-1961-62-b


SEGUNDA AUTONÓMICA: SD Bertón – CD As Pontes B (0-3)
Gañou sen xogar o segundo equipo pontés por retirada do Bertón (0-3), e escala ata a cuarta praza con 37 puntos, por detrás de Cedeira (45), Neda (43) e A Capela (39), antes de recibir ó perigoso Ortigueira, sexto con 36.
LIGA GALEGA XUVENIL: CD As Pontes – SD O Val (0-1)
Complicouse moito a vida o equipo xuvenil ó perder por 0-1 na “final” disputada este sábado ante O Val. Adiantáronse ós valexos ó pouco de comezar o encontro, tanto de Manuel Brandeiro, e a partir de aí adicáronse a conservar o marcador, e non lles foi mal. Non quere dicir que os azuis non tiveran as súas ocasións, como un centro chut dende medio campo preto do longueiro que salvou o meta visitante, un remate de Marcos que salva o porteiro e no rexeite Alex Fernández manda por alto, ou unha cabezada de Marcos que salvou milagrosamente Rafa. Pero non se moveu o marcador e o xuvenil dá dous pasos atrás. Conxo 27, Betanzos e O Val 25, e en descenso, As Pontes 23, Imperátor 16 e Fátima 10. A vindeira semana decisiva visita a Vilalba. Xogaron Ángel, Esteban (Caínzos), Jandro, Gonza, Marcos, Moi (Alex Cabarcos), Brais (Alex Fdez), Iván, Antonio, Rivas, Lucho (Tiny).
“xuvenil”
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
LIGA FEMININA: ACD Santa Mariña – CD As Pontes (3-0)
Patinou o equipo feminino na súa visita a Santa Mariña (3-0), incluso ós cinco minutos xa perdía 2-0, e non soubo aproveitar a derrota do Maniños ante o Neda (0-1). Si estivo listo o Mandiá que venceu 1-5 ó Mugardos e asalta a segunda posición. Intratable Racing de Ferrol 66 puntos, aínda que esta semana só puido vencer 3-2 ó Val B, Mandiá 48, Maniños e As Pontes 47 e San Sadurniño 46. As pontesas reciben ó Galicia de Mugardos, décimo segundo con 17 puntos. Xogaron Leti, Andrea Pita, Sara, Nuria, Andrea Montero, Paula, Lía, Patri Dopico, Xeila, Yara, Noelia Santalla, Alba e Uxía.
LIGA CADETE: CD As Pontes – Gª Caranza B (5-4)
Xogado no campo dos Calzados
Moi ben o cadete que gañou ó quinto clasificado Galicia Caranza B por 5-4 en partido xogado no campo dos Calzados, e aproveitando o descanso de Cedeira sube á segunda posición. Intratable Ánimas con 30 puntos, As Pontes e Cedeira 22, Eume 21. Complicada visita o próximo sábado a Ferrol a xogar contra o líder, que a excepción dunha sorprendente derrota ante o noveno clasificado Numancia de Ares (0-1), conta todos os seus partidos por vitorias.
LIGA INFANTIL: Meirás CF – CD As Pontes (1-1)
Complicado inimigo o que atopou o Infantil no Meirás, pois o conxunto verde quitoulle cinco puntos a un equipo que so perdeu sete no que vai de Liga. O empate a 1-1 afasta definitivamente o cadro azul da loita polo título, aínda que poden conseguir a segunda praza da promoción de ascenso. Racing de Ferrol B 31, Portuarios 28 e As Pontes 26. O Galicia de Caranza B, quinto con 18 puntos visita o Poboado a semana que vén.
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase)
SDR Portuarios – CD As Pontes (3-3)
CD As Pontes B – R. Ferrol D (2-0)
Gran empate do Alevín A na súa visita ó sétimo clasificado, Portuarios, 3-3, co que suma o seu segundo punto nesta fase final, antes de recibir ó antepenúltimo, O Val, que supuxo o outro punto da primeira volta. O Alevín B venceu 2-0 (goles de Jandro) ó Racing de Ferrol D. É sexto con 11 puntos visita ó derradeiro clasificado, que suma seis puntos, Rápido de Neda B.
“alevin”
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes – Gª Mugardos (3-1)
CD San Sadurniño – CD As Pontes B (2-2)
O Benxamín A venceu 3-1 ó Mugardos mentres que o Benxamín B empatou 2-2 na súa visita ó derradeiro clasificado, San Sadurniño, que só tiña tres puntos. Son oitavo e noveno con 17 e 15 puntos respectivamente, antes de descansar o A e recibir o B ó penúltimo clasificado, Eume Deportivo B.
“benxamin”
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
Narón BP Piñeiros – CD As Pontes (7-4)
CD As Pontes B – R. San Pedro B (2-7)
Moi ben o Prebenxamín A na casa do líder Narón BP, que leva 20 vitorias de 20 partidos e que se impuxo por 7-4 ós azuis, que son sextos con 11 puntos, antes de recibir ó EFR Ferrol, que é terceiro na clasificación. O Prebenxamín B perdeu 2-7 co San Pedro B. Antepenúltimo con catro puntos, visita ó Galicia de Caranza D, quinto con 16 puntos.
“prebenxamin”
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
“destramento”
destramento
destramento
destramento
destramento
destramento
destramento
destramento
destramento
destramento
destramento
destramento
destramento
Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e AF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios