LIGA DE PÁDEL DAS RÍAS ALTAS 2014

62

VITORIA DO CLUB DE PÁDEL AS PONTES FEMININO ANTE O PÁDEL SAN MATEO E DERROTA DO MASCULINO EN FERROL DIANTE DO CASINO FERROLANO
Importante vitoria do conxunto feminino do Pádel As Pontes diante do Pádel San Mateo por 3-2 en partido correspondente á sexta xornada. Por primeira vez as pontesas xogaban na casa nas pistas da Canle IV, xa que antes non puideron facelo debido a que ó non estar cubertas as pistas o mal tempo impedíao.
O primeiro enfrontamento foi o da parella local formada por Vanessa Martínez e Laura Rodríguez, que venceron en dous sets (7-5 e 6-0) ás ferrolás Lucía Formoso e Eva Carro. Na pista dúas xogaban Marta del Moral e Cecilia García contra Mili Prieto e Natalia Ruza. As pontesas venceron tamén en dous sets por 6-4 e 6-0.
Angie García e Mónica Tojeiro comezaron mal o seu enfrontamento con Eva Alonso e Elena Fraga, perdendo o primeiro set por un contundente 0-6. Sen embargo, reaccionaron no segundo vencendo por 6-3, o mesmo resultado que se deu no terceiro.
Rita del Moral e Obdulia García enfrontáronse á mellor parella ferrolá, Paula Rivera e Vanessa Martín, perdendo por 0-6 e 1-6, aínda que o resultado non di o que sucedeu na pista, cun partido que durou máis dunha hora e con xogos moi igualados e disputados.
Tamén perdeu o seu enfrontamento a outra parella pontesa formada por Sandra Pajón e Merce Fraga diante das ferrolás Alicia Dacosta e Hermitas Breijo. O resultado final foi 4-6 e 1-6 a prol das visitantes.
Logo deste resultado, as pontesas están na cuarta posición do grupo segundo da Terceira División feminina. Na vindeira xornada, sétima, correspóndolles descansar, pero xogan en Ortigueira o partido que fora suspendido o pasado un de febreiro, correspondente á segunda xornada.
padel_aspontes_1.jpg


DERROTA DO EQUIPO MASCULINO EN FERROL ANTE O CASINO FERROLANO B POR 4-1
Non tivo a mesma sorte o conxunto masculino, que na súa saída a Ferrol caeu diante do Casino Ferrolano Tenis Club B polo resultado global de 4-1.
A única vitoria dos ponteses veu da parella formada por José Trastoy e Pablo Fernández, que venceron por 2-6 e 3-6 ós ferroláns Jesús Gutiérrez e Antonio Faraldo. Juan Trastoy e Manuel Fernández perderon por 6-4 e 6-3 ante Eduardo Méndez e Santiago Fernández-Couto. Antonio Fernández e Gerardo gañaron ós ponteses Chicho Tembrás e Raúl Meizoso por 6-3 e 6-4.
padel_aspontes_2.jpg
Carlos Díaz Pache e Manuel Boado impuxéronse por 6-1 e 6-2 ós ponteses Rubén Vivero e Carlos Martínez. Finalmente David Cazás e Antonio perderon por 7-5 e 6-3 diante dos ferroláns Manuel Pol e Carlos Ruiz.
padel_aspontes_3.jpg
A pesar desta derrota o Pádel As Pontes segue na segunda posición do grupo segundo da Cuarta División masculina empatado a puntos co Pádel Eume B e o Casino Ferrolano Tenis Club B. Na vindeira xornada, a sétima, os ponteses reciben ó líder Globalpadel R, que conta os seus enfrontamentos por vitorias.
padel_aspontes_4.jpg
Nova de AF e Pádel As Pontes
Fotos de Pádel As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios