UN IMPRESIONANTE ENRIQUE FORNOS ESTARÁ EN RUSIA

133

Non hai calificativos, o futbolista pontés Enrique Fornos Domínguez deu esta mañá a gran alegría futbolística pontesa desta tempada, anque ogallá que a sub17 teña un longo recorrido, a outra sería que o As Pontes acabase entre os catro primeiros.
Tampouco estaría mal que o xuvenil salvase a categoría, nin que España revalidase o título mundial en Brasil, postos a pedir, pero iso xa será fariña doutro costal.
Pero hoxe Quique é o protagonista indiscutible pola súa convocatoria con España sub17 para a segunda fase de clasificación ó Europeo Sub17 que se levará a cabo en Kazán (Rusia), e na que España xogará ante a selección local (día 26), País de Gales (día 28) e Suiza (día 31).
Ninguén lle regalou nada a Enrique, o lateral dereito Pablo Maffeo do Manchester City foi operado esta semana, pero o central Jorge Meré recuperouse a tempo, aínda asi Fornos fíxose un oco cun so adestramento pois sen ir máis lonxe o central Juanma do FC Barcelona, que estivo o ano pasado en Croacia cun ano menos, quedou fora da lista.
A selección española enfrontarase como dicíamos a Rusia, gañador do Europeo o ano pasado, anque con outra xeneración, ó País de Gales e a Suiza. Os rusos venceron na primeira fase a Eslovaquia (2-1), Azerbaiyán (1-0) e caeron con Islandia (1-2) pasando como segundos de grupo. O País de Gales empatou 5-5 con Hungría, tamén igualou con Escocia 0-0, e gañou 3-0 a Eslovenia pasando como segundo. Mellor pinta ten Suiza que goleou a Austria (4-0), gañou a Kazajistán (3-0) e empatou con Dinamarca (0-0)pasando de primeira. España xogou en Chipre a primeira fase gañando a Moldavia (0-3), Chipre (0-1) e Noruega (0-2).
enrique.jpg


Os outros seis grupos formanos, o 2, Grecia, Noruega, Polonia, Turquía, o 3, Holanda, Austria, Francia e Suecia, o 4, R.Checa, Inglaterra, Italia e Albania, o 5, Serbia, Alemania, Irlanda, Georgia, o 6 Escocia, Bélgica, Rumania, Bosnia-Herzegovina, o 7, Portugal, Ucraina, Letonia, Islandia.
Os sete gañadores de cada grupo sumaranse ó anfitrión Malta para a Fase Final que se levará a cabo a principios de Maio.
España gañou este torneo en 8 ocasións, 1986, 1988, 1991, 1997, 1999, 2001, 2007 e 2008, se ben, anque parezan moitas de ter un pouco máis de carisma e de sorte o futbolista español, os títulos deberían haber sido bastantes máis. Segue Portugal con 5, Alemania 3, Italia, Turquía, Rusia e Holanda, 2, URSS, Checoslovaquia, Polonia, Irlanda, Suiza, Francia e Inglaterra 1.
O mellor título de España sen dúbida o de 2007, estaba Rochela.
Sen embargo España leva tres anos consecutivos que non clasifica para a Fase Final o Europeo sub17.
Tamén vai o extremo esquerdo de Mos, Brais Méndez, compañeiro de Enrique dende a selección galega alevín na que Fornos estaba no As Pontes e Brais no Santa Mariña.
Xuntaranse en Las Rozas este xoves 20 e o domingo 23 está previsto a viaxe a terras rusas para debutar o vindeiro mércores 26.
Os xogadores, sendo polivalentes, e aínda a risco de equivocarme, quedarían distribuidos máis ou menos da seguinte maneira:
Porteiros: Carlos Marín, Soriano. Lateral Dereito: Montoro. Lateral Esquerdo: Adrián Marín. Centrais: Pleguezuelo, Meré, Aarón, Quique. Medios: Ferrán, Madger, Chirivella. Extremos: Canós, Altamirano, Brais. Media Punta: Aleix. Punta: Villalibre, Antonio, Carbonell.
A convocatoria completa é a seguinte:
ARSENAL FC: Julio Pleguezuelo Selva
ATHLETIC CLUB: Asier Villalibre Molina
CLUB ATLÉTICO DE MADRID SAD: Carlos Marín Tomas, Diego Altamirano Carbonell, Antonio Montoro Rodríguez
FC BARCELONA: Ferrán Sarsanedas Soler, Alejandro Carbonell Valles
RC CELTA DE VIGO SAD: Brais Méndez Portela
RC DEPORTIVO DE LA CORUÑA SAD: Enrique Fornos Domínguez
RCD ESPANYOL DE BARCELONA SAD: Aarón Martín Caricol
LIVERPOOL FC: Sergi Canos Tenes, Pedro Chirivella Burgos
SEVILLA FC SAD: Juan Soriano Oropesa
REAL SPORTING DE GIJÓN SAD: Jorge Mere Pérez
VALENCIA CF SAD: Antonio Martínez López
VILLARREAL CF SAD: Aleix García Serrano, Madger Antonio Gomes Aju, Adrián Marín Gómez
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios