CLUB DEPORTIVO AS PONTES: Resultados 14/15/16 – Marzo – 2014

69

“feminino”
TERCEIRA DIVISIÓN: CD Boiro – CD As Pontes (2-1)
Os afeccionados ponteses están moi tristes tras unha nova derrota do As Pontes, desta vez, na casa do líder, Boiro, por 2-1. Ultimamente comezan moi mal as primeiras partes e os da Barbanza xa se puxeron por diante con dous goles en apenas 15 minutos xogados, en tantos anotados por Pedro García, irmán da gran Claudia do Olivo, e Iván. Na segunda metade acurtou distancias Aitor de cabeza, e a pesar de buscar o empate, incluso cunha gran ocasión de David Amado, non foi suficiente e os recén ascendidos son cada vez máis líderes do grupo galego da Terceira División. Estes tres puntos e os do Pontevedra son máis asumibles, pero o empate en Negreira e sobre todo a derrota na casa, ante un bo equipo como o Ordes, pero que apenas pasou do medio do campo, fixeron moito dano no equipo pontés, que pasou de ser líder á sexta posición.
Complícase moito a vida o equipo azul, que viu como nas dúas últimas xornadas os cinco rivais directos lograban os seis puntos e o As Pontes ningún. E así Boiro con 61, Somozas con 60, e Pontevedra con 59, cada vez están mais lonxe, Cerceda 55, Ordes xa ten 53, os mesmos que un apagado As Pontes, que só foi quen de conseguir un punto dos últimos doce disputados. Incluso o Choco de Redondela achégase con 51 puntos.
Mal visitante a semana que vén, o Somozas, equipo que da gusto ver nas últimas xornadas, moi profesional e que vai como un bólido. Nas nove últimas xornadas gañou en sete ocasións e empatou en dous partidos. Unha gran oportunidade para que o cadro pontés se congratule coa súa afección, que quere que o seu equipo acabe entre os catro primeiros, público que merece unha alegría e que non quere ver que unha temporada tan prometedora e asequible por momentos, acabe en decepción. Xogaron polo Club Deportivo As Pontes: Kiko, Rochela, Nano, Dani, Aitor, Esmorís (David Amado, m. 48), Iván (Chote, m. 82), Bossa, Arias, Alex (Santi, m. 82) e Pablo Domínguez. Recibiron tarxeta amarela Esmorís e Aitor.


SEGUNDA AUTONÓMICA: CD As Pontes B – FC Ortigueira (1-0)
Moi ben o segundo equipo pontés que gañou 1-0 a un rival de tronío como o Ortigueira e escala á terceira praza. O gran Adrián Vilasuso, que estivo na selección galega cadete con Rochela e Carballeira, anotou o gol, e incluso Dani Villar lanzou unha falta ó poste. Cedeira 50, Neda 48, As Pontes e A Capela 40. A próxima semana visita do Rosalía, rival que vai cuarto pola cola, os clásicos equipos que se lle atragantan ó cadro azul. Xogaron Iván, Nando, Rubén, Darío, Carlos, Héctor Antón, Vilasuso, Samuel, Javi, Troncho, Marcos Novo, e na segunda metade entraron Dani Villar, e os tres xuvenís Moi, Iván e Gonza.
“segunda”
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
segunda
LIGA GALEGA XUVENIL: RC Vilalbés – CD As Pontes (1-0)
Perdeu o xuvenil en Vilalba 1-0, e esgotou parte das súas opcións de salvarse, O Val gañou 2-1 ó Victoria B, o Betanzos empatou co Estrada 1-1 e incluso no duelo de colistas o Fátima goleou 6-2 ó Imperátor. Milagrosa e Orillamar 29, O Val 28, Conxo 28, Betanzos 26, e nas tres prazas de descenso As Pontes 23, Imperátor 16 e Fátima 13. Visita ó Victoria B a vindeira semana onde hai que conseguir os tres puntos.
LIGA FEMININA: CD As Pontes – Gª Mugardos (1-1)
Moi mal partido o do sábado do equipo feminino, que empatou 1-1 co cuarto pola cola, Galicia de Mugardos, e grazas, co cal perde as opcións de acabar na segunda praza. A pouco de comezar o segundo tempo marcou Patri de falta, pero pouco despois empatou o Mugardos cun gran tanto dende fóra da área. Tivo algunha o As Pontes como un tiro cruzado de Carlota ou un balón de Patri que se pasea pola área e Noelia manda por alto, incluso un posible penalti sinalado como falta, aínda así hai que dar grazas que tras un desbaraxuste defensivo no que Leti acabou perdendo o balón, marcaron as verdes, pero o árbitro sinalou un fora de xogo bastante dubidoso. Partido para esquecer, sobre todo tendo en conta o vendaval de xogo que se agarda a semana que vén na visita ó Racing de Ferrol que vai líder con 66 puntos,pero que perdeu o seu primeiro partido esta semana co Mandiá (3-1), que é segundo con 51, por 50 do Maniños, 48 do As Pontes, 46 do San Sadurniño e 44 de O Val B. Xogaron polo As Pontes: Leti, Andrea Pita, Sara, Nuria, Xeila, Paula, Yara, Lía, Patri, Carlota, Noelia Santalla, Silvia e Ángela.
“feminino”
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
LIGA CADETE: SD Ánimas – CD As Pontes (3-2)
Fixo sufrir o Cadete ó líder Ánimas, que só puido vencer por 3-2, aínda que pon distancia de por medio con 33 puntos. Pola segunda praza do play off de ascenso quedan Eume 24, As Pontes e Cedeira 22, Caranza B 21, Perlío 18. Precisamente o cadro de Fene visitará ó As Pontes na vindeira xornada.
LIGA INFANTIL: CD As Pontes – Gª Caranza B (4-1)
Ben o Infantil que gañou 4-1 a un complicado rival como é o Caranza B, e aproveitouse do empate do Portuarios en Pontedeume 2-2, comprimindo outra vez a táboa. Ferrol B 34, Portuarios e As Pontes 32. Visita ó colista Numancia nas terras do gran Marcelino.
“cadete”
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes – SD O Val (4-5)
SD Rápido Neda – CD As Pontes B (2-1)
A piques estivo o Alevín A de volver a puntuar, aínda que definitivamente perdeu 4-5 ante O Val un partido que ían gañando por 3-0. Seguen con dous puntos antes de visitar ó segundo, R. Ferrol. O Alevín B perdeu 2-1 co Rápido de Neda B, que sae da última praza, antes de recibir con 11 puntos ó segundo, Cultural Maniños.
“alevin”
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes B – Eume Deportivo B (5-3)
O Benxamín B gañou 5-3 ó Eume B, mentres o Benxamín A descansou. O B é oitavo con 18 puntos e o A noveno con 17, descansan os primeiros e os segundos visitan ó Cedeira, quinto clasificado.
“benxamin_b”
benxamin_b
benxamin_b
benxamin_b
benxamin_b
benxamin_b
benxamin_b
benxamin_b
benxamin_b
benxamin_b
benxamin_b
benxamin_b
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes – R. Ferrol (4-6)
Gª Caranza D – CD As Pontes B (4-1)
A pesar de facer un bo partido, o Prebenxamín A perdeu 4-6 co R. Ferrol, terceiro, antes de visitar con 11 puntos ó segundo, Galicia Caranza B. O Prebenxamín B perdeu 4-1 co Galicia Caranza D e con 4 puntos recibirá ó cuarto clasificado, Ortigueira.
“prebenxamin”
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e AF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios