Tres ponteses nos Campionatos de España en Sevilla

82

Tres piragüistas ponteses participaron esta fin de semana en Sevilla nos Campionatos de España de Inverno.
En Categoría Junior, na proba clasificatoria sobre 2000 metros, había 117 participantes, dos que so os 70 primeiros pasaban á final. David Tonislavov foi 58º e conseguiu clasificar. Xa na final do domingo e sobre 5000 metros, David foi 62º, gañou Pelayo Roza (Ribadesella), por diante de Pedro Vázquez (Jaire) e Ramón Lekumberri (Sevilla). O primeiro galego, Iago Monteagudo (Pontevedra), que foi sexto.
En categoría senior estaban o eterno Antonio Polo e Borja Prieto. Sobre a distancia de 2000 metros había 119 participantes dos que os 70 primeiros calificaban para a final. O gran Polo conseguía clasificar co 34º posto e Borja Prieto foi 17º.


Xa na final do domingo, sobre 5000 metros, Polo foi 60º e Borja 43º. Gañou o compañeiro de Borja, Javier Hernanz, por diante de Íñigo Peña e o cangués Rodrigo Germade. Outros nomes ilustres, Óscar Carrera 4º, Emilio Llamedo 6º, Albert Corominas 7º, Diego Piña 8º, Rubén Millán 9º, Iván Alonso 11º, Diego Cosgaya 21º, Pablo Baños 22º, Marcus Cooper 23º, Álvaro Fernández Fiuza 36º, Perucho 41º.
Sorprendeu o gran Paco Cubelos que de gañar a calificatoria do sábado pasou a quedar 62º o domingo, sen dúbida por algún tipo de complicación.
As próximas probas a nivel estatal serán as dúas Copas de España a desputar en Verducido.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios