Axenda cultural fin de semana 21-23 marzo

105

O venres 21 ás 21:00 h no Auditorio Municipal Cine Alovi O GRUPO POÉTICO ALALÁ, ofrecerán o recital de primavera. Nesta ocasión estarán acompañados polo escritor lucense Yago Rodríguez Yañéz, mestre no Colexio Monte Caxado e varios alumnos do conservatorio de música.
O sábado 22 a Rondalla Vila das Pontes ofrecerá o seu tradicional concerto no que se homenaxea aos nosos maiores. Nesta ocasión estarán acompañados da Agrupación Musical Senior do Centro de Maiores de Novacaixa Galicia de A Coruña. Auditorio M. Cine Alovi ás 19:00h.
E o domingo 23 os nenos ao teatro. EME2 produccions presentará nas Pontes a obra para público infantil e familiar O PRÍNCIPE E O PARRULO. Unha pequena historia, tan pequena que só precisa un castelo, unha árbore e unha casa para ser contada.
Público recomendado: a partir de 3 anos, duración: 55 min.
Venta de entradas: Domingo 23 ás 17:00 h
Prezo: 2,50 € e 1,50 € reducida (reducida: menores de 12 anos, carné xove, carne de estudiante e maiores de 65 anos)

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios