COMUNICADO DA PLATAFORMA NA DEFENSA DO PATRIMONIO DAS PONTES

171

O pasado mes de xaneiro a nosa organización mantiña sendas reunións co grupo de goberno municipal de As Pontes, co fin de achegar posturas no relativo ao proxecto de remodelación da Praza do Hospital.
A nosa proposta inicial partía dunha configuración do espazo na que a área peonil aproveitable aumentaba con respecto á solución actual, creando un novo punto de encontro no centro da vila máis humanizado, dando prioridade aos peóns sobre os vehículos. Malia isto, a nosa proposta foi desestimada polos técnicos municipais por non adaptarse ás necesidades do tráfico, fundamentalmente de vehículos pesados (autobuses e camións), cuxos radios de xiro na Praza non encaixaban coa proposta plantexada.
Pola súa parte o grupo de goberno das Pontes presentaba unha alternativa ao proxecto inicial de rotondización que fora aprobado en sesión plenaria extraordinaria o pasado mes de decembro. A nova proposta mantén a praza actual baixando o nivel da mesma e reducindo as súas dimensións, ampliando o espazo peonil das aceras adxacentes.
Dende a Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes consideramos que esta proposta é a menos mala de tódalas opcións baralladas polo grupo de goberno municipal. Malia todo consideramos que a nosa opinión non é determinante neste asunto, e deberiase pulsar a opinión dos cidadáns das Pontes denantes de levar a cabo un proxecto desta envergadura no corazón mesmo da nosa vila.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios