GOLPE DE EFECTO PADEL EUME

78

Na fría mañan do sábado comezaba cedo o espectáculo nas pistas vilalbesas co “Derbi “ entre os dous clubes ponteses que militan na cuarta categoría do padel galego, Padel Eume “b” e clube de Padel As pontes. O enfrontamento importantísimo para ambolos dous conxuntos que se xogaban a loita pola segunda praza do grupo a cal da un cruce mais favorable para o ansiado ascenso de categoría.
A primeira contenda enfrontaba a Armando Maseda e Lois penabad contra Dario Vivero e Raul sardiña, os primeiros rápidamente se puxeron arriba no marcador 3/1 pero froito dos nervos e dun ritmo de partido que non lles conviña nada deixaronse empatar e chegaban a un 4/4 , os dous próximos xogos serian decisivos e armando e lois templaron nervos sacaron o seu mellor padel e fixeron dous novos xogos que daban o primeiro e definitivo a posteriori set .6/4 , ca moral polas nubes Armando empezou a soltar o brazo , lois un muro inexpugnable e un segundo set contundente que daba o primeiro punto a padel eume 6/4-6/0.
O mesmo tempo estaban a xogar Manel Bermudez e Diego Prieto contra Juan Trastoy e Antonio Prieto despois de un primeiro set igualado Dieguito e Manel deronse conta que estaban a caer no ritmo lento de partido dos rivais e comezaron a soltarse , de forma incrible facian 8 xogos seguidos e pasaron de un 4/4 a un 6/4-6/0 , que deixaba o segundo punto da eliminatoria no casilleiro de padel eume.
“padel”


Tony Purriños e Oscar Bermudez contra Leopoldo Pena e David Cazas xogaban a terceira partida, dende o comezo tony non entraba no partido oscar tiraba de el pero non era suficiente para facer fronte a uns esperimentados rivais que souperon en todo momento levar o partido o seu terreo e facianse con el en dous sets comodos 6/2-6/3. Eliminatoria 2/1 para padel eume.
O cuarto punto e que a postre seria definitivo xogabano Jose Carlos Portas e Jose Luis Vilasuso contra Edgar Franco e Antonio Ramos , un comezo no que os primeiros tomaban ventaxa concienciados do importante do partido tempraron nervos , vila inconmensurable non fallaba unha bola , o xogo caia todo sobre Portas un pouco mais fallon e impreciso, ainda asi repuxose de forma asombrosa subindo o nivel de acertos, cerraban o primeiro acto 6/2 a favor , no segundo moito mais igualado a mesma tónica, solidos contundentes en definitiva partidazo dos dous cerraron o segundo set 6/3 , partido, e eliminatoria resolta .
Os últimos en entrar en pista con todo decidido sen presión algunha era Esteban Lopez e Daniel Cillero contra Jose Trastoy e Juan Canosa , o partido foi de poder a poder primeiro set igualado 6/4 para os visitantes e segundo set mais comodo pola relaxacion dos nosos 6/3.
Padel Eume “b” equipo de nova creación este ano pode pode acadar un incrible segundo posto do grupo se gaña un dos dous partidos que quedan por disputar antes dos cruces polo ascenso, consígase ou non a victoria so cabe felicitar a este grupo de xogandores noveles que están a debutar a maioria no padel galego, sorte para os vindeiros desafíos.
Pola sua parte e de seguido comezaba un imparable equipo este ano Padel Eume “A” que milita na terceira categoría do padel galego, os rivais clube de tenis e padel redes “b” o cal xa derrotaran na sua casa por un claro 1/4, desta volta os ponteses gañaban todos os seus partidos endosando un contundente 5/0 para seguir lideres destacados do grupo.
Como primeira parella entraban David Lake(leyenda) e Xalo Maira , xa se via no quencemento que estaban entonados os dous pasaronlles por riva os rivais en moi pouco tempo un sinfín de Gadañas(golpe característico de Lake) e remates do saltinbanqui Maira destrozaban por un doble 6/0 os visitantes que o intentaron todo.
Poty leal e Santi (o muro) barro parella esperimentada eran os seguintes en entrar , tiñan un partido trabado e duro de roer , con dous metebolas enfronte de moita experiencia, os nosos lonxe de arredrarse daban o do de peito e fundían físicamente os rivais con puntos largos e remates contundentes .6/2-6/3 e segundo punto para a buchaca.
Fer Caaveiro e Domingo Rojas , este ultimo estreaba posición na pista pois xogou de revés cousa que nunca fixera ata agora, solventaban de forma rápida e contundente o partido cun gran Rojas que reventou a globos os rivais sacandoos do partido , gran debut na sua nova posición na cal se encontrou moi asentado en todo momento e pletórico de confianza ata se atreveo a facer un sinfín de puntos ofensivos que desarbolou a unha boa parella rival. 6/1 -6/3 eliminatoria sentenciada.
Os cuartos e parella habitual Santi Franco e Pedro Lopez deronse conta de que o partido xa escomezara mais ou menos a media hora cando se viron cun 5/2 abaixo .San estaba fallon , Pedro desaparecido, pero nun cambio de campo o noso gruñon favorito Pedrolas decidiu poñerlle as pilas o seu compi e tamen se aplicou o conto , visto e non visto de un set case perdido pasouse a unha reacción incrible , San parecía que estaba en todas partes Pedrolas non fallaba unha bola , os rivais empezaban a desesperarse e xogo tras xogo caian a favor dos nosos , de 5/2 pasouse a un 6/6 e no tie break dominarono por completo, partidazo dos dous que souperon espabilar a tempo , o segundo set foi mais sinxelo 6/3 e cuarto punto para Padel Eume.
Por ultimo o Sorrinte Angel Cañizares (Cañete) e Manuel Ferro comezaban partido de forma comoda co marcador 3/0 arriba pero era un espexismo estaban a xogar mal , lentos sin comunicación apáticos, en definitiva un desastre , parcial de 6/0 para os de redes e perden o primeiro set, no segundo algo mais enchufados ,demostraron a superioridade que tiñan , 6/0 e no terceiro non deron opción 6/3.
Contundente 5/0 , este equipo non ten teito nesta liga se segue asi demostrando esta regularidade para a seman enfrontamento contra os vecinos de ortigueira que ocupan a segunda plaza , esperamos contar boas novas ….
padel
padel
padel
padel
padel
Nova cortesía de Fernando Caaveiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios