PREEUROPEO DE KAZÁN. RUSIA 1 – ESPAÑA 1

103

Fito histórico este 26 de Marzo no que Enrique Fornos debutou con unha selección española. Moito máis tendo en conta que esta xeneración leva preparando este torneo dous anos, e dos preto de 60 xogadores que pasaron por Las Rozas Enrique conseguiu entrar entre os 18 seleccionados con apenas un so adestramento, e conseguiu debutar hoxe nin máis nin menos que nun partido oficial, sendo o único futbolista da lista que non xogara anteriormente ningún amistoso con España.
Tempo haberá para celebralo, agora hai que seguir concentrados ó 100%. Saiu como dicíamos España coa zaga formada polos indiscutibles, Adrián Marín pola esquerda, centrais Pleguezuelo do Arsenal e o sportinguista Mere, e Enrique pola dereita co número 15. O cadro español dominou toda a primeira metade e froito dese dominio, xusto antes do descanso, tras un córner botado por Aleix marcaba o seu compañeiro do Villarreal Magder.
Tralo descanso e co marcador a favor semellaba que España ía ter o encontro do lado que máis lle gusta, cos rusos buscando o empate, e España tentando aproveitar os contragolpes con Sergi, Aleix e Diego, e así, no 49´, Aleix García estivo a piques de facer o segundo. Pero o que son as cousas, tras esa xogada os rusos empataban por medio de Kipiani (50´). A selección española entrou nunha fase de desconcerto e cansazo e Melkadze no 65´ a piques estivo de facer o segundo. Incrible o equipo ruso que estadísticamente so tirou dúas veces a porta e a piques estivo de levarse o partido, acabando coa moral do gardamallas sevillista Soriano que se fixo coa titularidade en detrimento do colchoneiro Carlos Marín.
espanarusia_0.jpg


O ex atlético Santi Denia, central de toda a vida, non se amilanou e sacou a toda a artillería nos últimos minutos, o culé Carbonell, o cachorro Villalibre e o céltico Brais no toma e daca no que se convertiu os últimos minutos, pero o marcador non se moveu e ambos equipos repartíronse un punto ó final dos 80 minutos que se desputan nesta categoría.
No outro encontro do grupo, desgraciadamente pra os intereses de España gañou Suiza a Gales nos últimos minutos e o perigoso equipo helvético levou os tres puntos. A gran mezcla cultural que tantos éxitos lle está a dar a Suiza nas categorías inferiores nos últimos anos acabouse impoñendo, e foi o recén saído Babic o que marcou a tres minutos do final.
Os suizos semellan un pelín mellores que os rusos, se ben estes xogan en casa. Pero segue viva a selección española, que é o importante neste tipo de torneos, agora iso si, necesita imperiosamente gañar a Gales pra xogarse o billete a Malta na derradeira xornada ante a Suiza de Ajeti, Alves, Efendic, Sow, Cani, Loosli, Bajrami ou Babic, e con un ollo mirando do que faga Rusia.
Xogou España con Juan Soriano; Quique Fornos, Julio Pleguezuelo, Jorge Mere, Adrián Marín; Pedro Chirivella (Asier Villalibre 71´), Madger Antonio; Sergi Canós (Alex Carbonell 59´), Diego Altamirano (Brais Méndez 81´), Aleix García; Toni Martínez.
Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios