Teatro: RUMPELSTIKIN, o anano saltarín

102

O sábado 29 de marzo, ás 18:30 h as compañias KALINA TEATRO e TROMPICALLO, en ESTREAN es As Pontes o seu novo espectáculo: RUMPELSTIKIN, o anano saltarín.
A obra dirixida por Plamen Dipchikov e intepretada por Marian González, Luis González e Plamen Dipchikov está dirixida a público familiar e nenos a partir de 5 anos
Sinopse: Se a vida se pode representar como un fío, resulta que a biografía é o ovillo enteiro; e para contar a historia de calquera persoa tes que liar o fio que leva dentro. Os actores enfían o conto interpretando a vida da filla do muiñeiro.Como é posible fiar de calquera herba seca un fío de ouro puro, tal como promete o pai? Cal é o prezo da Riqueza? Onde está o troco coa Pobreza? Quen é o estraño personaxe, que aparece da nada disposto a axudala? Cal é o seu nome? Onde está o seu escondedoiro? A posta de escena dá respostas firmes, utilizando un formato grande que une elementos de teatro visual, obxectos animados, sombras e proxeccións.
A taquilla abrirase ás 17:00 h, o prezo das entradas será a 3 € e 1,50 € (reducida: menores de 12 anos, carné xove, carne de estudiante e maiores de 65 anos)
RUMPELSTIKIN.png
O mércores 2 de abril, a Biblioteca M. Enrique Rivera Rouco, celebra o DÍA INTERNACIONAL DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL, con contos para bebés. A compañía de contacontos PAVÍS PAVÓS, presenta Palma repalma, contos para bebés, na mesma biblioteca ás 18:00 h

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios