XV REGATA VILA DE AS PONTES – CLASE VAURIEN – 29 E 30 MARZO

155

O Club de Vela Fluvial As Pontes dacordo co calendario da Secretaría Rexional da Clase Vaurien e a Federación Galega de Vela, organiza a XV Regata Vila de As Pontes a celebrar no lago de As Pontes durante este vindeiro fin de semana.
Esta regata terá carácter clasificatorio de cara ó Campeonato Galego da clase.
A competición farase sobre un campo de regatas tipo Triángulo Olímpico, en cada un dos días de regata disputaranse tres mangas.
A saída da primeira manga do sábado 29 está prevista para as 14:00 hs.; mentras que a saída da primeira manga do domingo 30 está prevista para as 12:00 hs.
O domingo, a partires das 17:00 hs. está prevista a entrega de trofeos.
Está prevista a participación dunhas 25 tripulacións, pertencentes ós seguintes clubes:
– Real Club Nautico de Vigo.
– Real Club Nautico de Sanxenxo.
– Club Nautico Rodeira de Cangas.
– Ro Yachts Club de Combarro
– Club de Vela Fluvial de As Pontes.
As tripulacións do Club de Vela Fluvial As Pontes que disputarán esta proba son as seguintes:
– Jacqueline Cruz (patrón)/Manuel Perez (proel)
– Ana Dopico (patrón)/Luis Pita (proel)
– Miguel Ferreiro (patrón)/Carolina Leal (proel)
– Roi García (patrón)/César Graña (proel)
Os patróns Marta Villar e Pepe Guerreiro, así como a proel Raquel Meizoso, serán baixa para esta regata na flota pontesa.
Por outra banda destacar que o Club de Vela Fluvial As Pontes sigue incorporando regatistas a esta disciplina, e desta volta farán o seu debut en competición oficial a patrón Jacqueline Cruz e proel Carolina Leal.
vela.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios