DERROTA DO PADEL AS PONTES FEMININO EN FERROL DIANTE DO CLUB DE CAMPO (3-2)

189

Por tres vitorias a dúas perdeu en Ferrol o equipo feminino do Pádel As Pontes diante do Club de Campo C.
Os dous puntos das pontesas foron conseguidos por Cecilia García e Marta del Moral que venceron por 2-6 e 5-7 á parella ferrolá formada por Mª José Núñez e Olaia Rivera. Sandra Pajón e Obdulia García gañaron en tres sets a Sonia Estévez e Elia Estraviz por 6-3, 6-7 e 6-7.
Vanesa Martinez e Mercedes Dopico caeron por un dobre 6-0 ante Helena Orjales e María José Sobrin. O mesmo resultado deuse no partido entre Marta Rodríguez e Beatriz Gómez, do Club de Campo, e Carmen Sánchez e Mercedes Fraga, do Pádel As Pontes. Finalmente as pontesas Mónica Tojeiro e Laura Rodríguez perderon por 6-1 e 6-0 ante a parella ferrolá formada por Sandra Blanco e Ana Belén Formoso.
As pontesas ocupan a sexta posición con dous puntos e este domingo (16,00) reciben a visita do Pádel Ortigueira, segundo clasificado do grupo con cinco vitorias, equipo que venceu ás pontesas por 3-2 en partido da segunda xornada que fora aprazado no seu día e que se disputou en terras do Ortegal o pasado domingo.
Pola súa banda o conxunto masculino, que a semana pasada perdeu contra o Pádel Eume, disputa o derradeiro partido –xa que descansa na xornada final do campionato regular– recibindo este sábado (16,00) ó Padelmar 06, colista do grupo.
padel.jpg


Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios