CLUB DEPORTIVO AS PONTES: Resultados 28/29/30 – Marzo – 2014

45

inicio.jpg
TERCEIRA DIVISIÓN: CD Dorneda – CD As Pontes (1-2)
Cinco xornadas despois, volve á senda do triunfo o primeiro equipo, tras gañar 1-2 en Oleiros ante o colista Dorneda. Adiantou ós azuis Dani na primeira parte tras rematar unha falta botada por Bossa, e logo do penalti cometido sobre David Amado semellaba sentenciar o viveirense Bossa no minuto 70, pero a cinco minutos do final outro penalti transformado por Mon, por man de Aitor, fixo temer pola vitoria dos ponteses, aínda que se aguantaron ben os ataques locais dos últimos minutos e tres puntos que suma o As Pontes, que debe referendar a vindeira xornada no Poboado ante un lanzado Choco de Redondela que nesta xornada goleou (4-1) ó Laracha. Gañaron seis dos sete equipos que loitan polos primeiros postos, co único tropezo do Ordes, e así a clasificación está comandada polo Boiro (65), Somozas (64), Pontevedra (62), Cerceda (59), As Pontes e Choco (57), Ordes (54). Xogou Manolo García con Kiko, Rochela, Hugo (Amado 65´), Chote, Aitor, Dani (Alex Cabarcos 55´), Nano, Bossa, Arias, Chicho, Santi (Ivan 70´).


SEGUNDA AUTONÓMICA: SD R. NEDA – CD As Pontes B (2-1)
O segundo equipo perdeu 2-1 en Neda, co que o equipo locatario, unido ó empate do Cedeira en Cariño (0-0), asalta a primeira praza, cun encontro menos o conxunto do Rápido. Neda e Cedeira teñen 52 puntos, A Capela 43, Numancia de Ares 42, As Pontes 41, Ortigueira 40. O San Mateo, oitavo con 38 puntos visita ó Poboado.
LIGA GALEGA XUVENIL: CD As Pontes – EF Lalín (2-0)
Moi bo resultado para o xuvenil, que gañou 2-0 ó EF Lalín e escala á cuarta praza pola cola e agora mesmo estaría salvado, aínda que queda moito. No encontro do sábado venceron 2-0 tras un gol de Brais Blanco no primeiro tempo e outro de David Rey nos últimos 15 minutos, ó pouco de saír, tras bo pase en profundidade de Iván Carballeira. A destacar un tiro ó longueiro de Moi e outro paradón de Ángel. Xogaron Ángel, Esteban, Jandro, Gonza, Marcos, Moi, Brais (Rey 75´), Iván, Antonio (Alex Cabarcos 80´), Tiny (Rivas 55´), Lucho (Diego 75´).
Nos postos de abaixo, Orillamar 32, Conxo e O Val 31, e xa máis distanciados As Pontes 27, Betanzos 26, e case descendidos Imperátor e Fátima con 16. Complicada visita ó Sporting Estrada, terceiro clasificado.
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
LIGA FEMININA: CD As Pontes – Gª Caranza (0-0)
Está a xogar moi frouxo o equipo feminino os derradeiros encontros do campionato e tan só foi quen de arrincar un 0-0 nun encontro como local contra o terceiro pola cola, un prometedor grupo de cativiñas, con moito futuro, pero rapaciñas moi noviñas, que por momentos puxeron en moitos atrancos ás azuis. Nun partido espeso, a resaltar un tiro ó longueiro da número 12 visitante e no último minuto un disparo ó poste de Lía.
Xogaron Leti, Sara, Nuria, Paula, Andrea Montero, Noelia Ameneiro, Ángela, Lía, Yara, Patri Dopico, Noelia Santalla, Andrea Pita e Silvia.
Lidera o Ferrol con 72 puntos, xa campión de liga, por 55 do Mandiá, 53 do Maniños, 49 As Pontes, 48 O Val B e San Sadurniño. Precisamente visita ó San Sadurniño dun equipo feminino que non gaña para desgustos, xa que lle tocou o grupo máis difícil na Copa que se xogará cando acabe a Liga, compartirá Grupo A co Racing de Ferrol, O Val, Santa Mariña e Cariño. Só clasifican o primeiro de cada grupo e o mellor segundo a semifinais. No grupo B, Maniños, Galicia de Caranza, San Sadurniño, Narón BP, CD Cedeira e no C Neda, Mugardos, Cedeira SD, Ortigueira e Mandiá.
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
LIGA CADETE: Eume Deportivo – CD As Pontes (1-1)
Rescatou un punto o cadro cadete en Pontedeume (1-1), e coa sorprendente vitoria do Galicia Caranza B ante o Ánimas (0-1), o Ánimas lidera a táboa con 34, por 28 do Eume, 26 do Cedeira, e 24 de As Pontes e Galicia Caranza B. na próxima xornada reciben ó Numancia, oitavo.
LIGA INFANTIL: CD As Pontes – SRD Portuarios (1-2)
Despediuse o cadro infantil da súa opción de gañar a Liga e case que a fase de ascenso tamén ó caer na casa 1-2 co Portuarios despois de ir gañando 1-0 (tanto de Alberte), pero un penalti ó pouco de comezar a segunda metade e outro tanto preto do final deulles a vitoria ós ferroláns. Portuarios e Ferrol B teñen 38 puntos, por 35 dos azuis, que renden visita ós verdes na vindeira xornada.
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes – A. Meirás B (3-3)
Eume Dep. B – CD As Pontes B (11-0)
Terceiro empate (3-3) e terceiro punto que consigue o Alevín A, nesta ocasión ante o Amistade de Meirás B antes de recibir ó penúltimo, San Sadurniño. O Alevín B caeu 11-0 diante do líder Eume B. Sextos con 12 puntos reciben ó Miño B, quinto. O xoves 27 disputouse o partido da sétima xornada aprazado polo mal tempo entre o As Pontes A e o Ánimas con vitoria dos ferroláns por 1-2.
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes – SCRD Ánimas (0-3)
R. Ferrol D – CD As Pontes B (3-0)
O Benxamín A perdeu 0-3 co Ánimas e o Benxamín B tamén caeu polo mesmo resultado co líder R. Ferrol D. Ambos están oitavo e noveno con 18 puntos, antes de visitar ó Val o A e recibir ó Numancia de Ares o B. O xoves 27 disputouse o partido da novena xornada aprazado polo mal tempo entre o As Pontes B e o Cedeira con vitoria dos do Ortegal por 1-3.
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes – R. San Pedro (5-2)
Cedeira SD B – CD As Pontes B (2-2)
Moi ben o Prebenxamín A que gañou por 5-2 nun bonito partido ó San Pedro despois de remontar un 0-2 adverso. De seguir así, este equipo prebenxamín vai dar moito que falar nos vindeiros anos. Sitúase sexto con 17 puntos antes de visitar ó San Sadurniño, sétimo, cun punto menos. No duelo de colistas empataron a dous goles Cedeira B e As Pontes B, co que os branquinegros teñen 4 puntos e os azuis 5. Próxima visita ó Poboado do líder Cariño.
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e AF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios