O REAL CLUB NAUTICO DE VIGO COPOU OS PODIUMS DA XV REGATA VILA DE AS PONTES

150

As condicións únicas de vento, amplitude de campo de regatas e ondaxe que presenta o lago de As Pontes volveron a chamar moi favorablemente a atención de todos os regatistas que durante esta fin de semana competiron na XV Regata Vila de As Pontes da clase vaurien, clasificatoria para o Campeonato Galego. E é que, por unanimidade dos regatistas máis experimentados, o lago de As Pontes preséntase a día de hoxe como un dos mellores, por non dicir o mellor campo de regatas de España para o deporte da vela lixeira. E todo elo aínda tendo en conta o handicap de que este espacio non dispón polo momento das infraestructuras e servizos precisos para o acollemento masivo de visitantes.
Sirva este novo recoñecemento público das excelentes condicións do lago como acicate motivador para que todos os trámites entre as entidades e institucións implicadas na xestión do lago cheguen a consenso como é de agardar, e veciños e visitantes de As Pontes podan disfrutar do lago e o seu entorno dun xeito sostible, que permita a convivencia de prácticas turísticas, deportivas e culturais co máximo grao de respeto a este entorno natural.
En canto á competición en sí, cabe indicar que das 23 tripulacións inscritas finalmente 21 tomaron parte na mesma. Na tarde do sábado disputáronse dúas mangas, xa que a terceira e última foi suspendida ó caer o vento casi por completo e facerse prácticamente imposible a navegación. Mentres que durante o domingo puidéronse disputar 3 mangas previstas.
“xv_regata_vila_aspontes”


Na categoría absoluta foi a última manga de toda a regata a que determinou o vencedor final, prevalecendo a veteranía e a experiencia da tripulación formada por Pablo Cabello e Javier Lago sobre os aínda xuvenís Tirso Cerqueira e Mario Pérez, ambas tripulacións do Real Club Nautico de Vigo.
O podium de esta categoría absoluta quedou como segue:
1º Pablo Cabello/Javier Lago (Real Club Nautico de Vigo)
2º Tirso Cerqueira/Mario Pérez (Real Club Nautico de Vigo)
3º Antonio P. Castro/Pilar Amaro (Real Club Nautico de Vigo)
O Club de Vela Fluvial As Pontes participaba coas súas catro tripulacións nesta categoría pagando a visoñez de gran parte dos seus regatistas ocupando os derradeiros postos da clasificación. A tripulación mellor clasificada formada por Ana Dopico/Luis Pita ocupou a 17ª posición. Sorprendeu o 18º posto de Roi García/César Graña, con diferencia a tripulación máis experimentada do club pontés, que de seguro lograrían unha clasificación moito mellor de non ter que abandoar a competición na primeira manga do domingo a causa dunha volcada que lles deixou enrredado todo o utillaje do barco e que lles impediu seguir navegando.
No posto 19ª da clasificación aparecen Miguel Ferreiro/Carolina Leal que só puideron disputar 2 mangas de toda a regata posto que tamén tiveron que abandoar a competición do sábado na saída da primeira manga pola rotura do cable do foque, e que na xornada do domingo volveron a ter problemas cun dos elementos do barco que lles impediu tomar a primeira saída.
A tripulación patroneada pola debutante Jacqueline Cruz e con Manuel Bermúdez como proel ocupou o posto 20º.
A categoría feminina estivo totalmente dominada pola tripulación formada por Alejandra Suárez/Helena Pérez, que a pesares de non disputar as dúas últimas mangas da competición ó partilles o mástil do barco, ocuparon a primeira praza.
O podium de esta categoría feminina quedou como segue:
1ª Alejandra Suárez/Helena Pérez (Real Club Nautico de Vigo)
2ª Cristina Cerqueira/Adriana Martínez (Real Club Nautico de Vigo)
3ª Natalia Barros/Paloma Fole (Ro Yachts Club de Combarro)
Por último, na categoría xuvenil prevaleceu o dominio dos bravos Tirso Cerqueira/Mario Pérez que dende a primeira manga prácticamente deixaron sen opcións ós seus rivais.
O podium da categoría xuvenil quedou como segue:
1º Tirso Cerqueira/Mario Pérez (Real Club Nautico de Vigo)
2º Álex González/Miriam González (Real Club Nautico de Vigo)
3º Natalia Barros/Paloma Fole (Ro Yachts Club de Combarro)
xv_regata_vila_aspontes
xv_regata_vila_aspontes
xv_regata_vila_aspontes
xv_regata_vila_aspontes
xv_regata_vila_aspontes
xv_regata_vila_aspontes
xv_regata_vila_aspontes
xv_regata_vila_aspontes
xv_regata_vila_aspontes
xv_regata_vila_aspontes
xv_regata_vila_aspontes
xv_regata_vila_aspontes
xv_regata_vila_aspontes
xv_regata_vila_aspontes
xv_regata_vila_aspontes
xv_regata_vila_aspontes
xv_regata_vila_aspontes
xv_regata_vila_aspontes
xv_regata_vila_aspontes
xv_regata_vila_aspontes
xv_regata_vila_aspontes
Nova cortesía Miguel Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios