CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 5/6 – ABRIL – 2014

53

A XORNADA
AS PONTES-CHOCO (3ª División): Partido decisivo o que disputarán este domingo no campo do Poboado As Pontes e Choco. O que perda restará moitos enteiros para disputar a fase de ascenso, que nestes momentos e falta de seis xornadas, preséntase moi favorable para Boiro, líder indiscutible, Somozas e Pontevedra, equipos que avantaxan en oito, sete e cinco puntos ó quinto clasificado, que ocupa precisamente o Pontes, cos mesmos puntos que Choco, equipo que leva sumados trece puntos nos últimos cinco partidos.
Un Choco que visita o Poboado despois de 41 anos. Sucedeu un 4 de novembro de 1974 cando o equipo redondelán visitou o Poboado por última vez. Foi na Serie A Rexional (hoxe Preferente) e o resultado final do partido foi de empate a cero goles. O entón Endesa, que a tempada anterior denominábase Calvo Sotelo, aliñara a Bra, Forxa, Vilaboy, Miguel, Roca II, Roca I, Moro, Soto, Silva, Calpita I e Vidal (a foto pertence ó partido xogado en Santiago contra o Compostela o 31 de marzo de 1974). Era adestrador do Endesa o venezolano e ex xogador do Racing de Ferrol, Gilson Franklin. Arbitrara o partido o colexiado ferrolán Lage Sánchez. O Endesa estivera a piques de descender de categoría.
Nos enfrontamentos anteriores no Poboado, cinco vitorias para o As Pontes, dúas para o Choco e un só empate (1973/74), con 16 goles para os ponteses e 10 para os redondeláns.
endesa_1973-74.jpg


AS PONTES B (2ª Autonómica): Con moi poucas opcións de xogar a fase de ascenso, o As Pontes B recibe este sábado ó San Mateo, oitavo na clasificación con doce puntos menos. No partido da primeira volta, empate a dous goles.
AS PONTES XUVENIL (Liga Galega): Partido complicado para o xuvenil pontés na casa do Sporting Estrada, terceiro na clasificación, aínda que a moita distancia de Bergantiños e Calasanz, equipos que van directos á Liga Nacional. Na primeira volta no Poboado, vitoria dos estradenses por 1-2.
AS PONTES FEMININO: O As Pontes feminino (4º e 49 puntos), que está afrouxando moito nos últimos partidos, ten un complicado partido en San Sadurniño (6º con 48 puntos). As pontesas golearon no Poboado por 5-1 no encontro da primeira volta.
AS PONTES CADETE: O conxunto cadete vese na obriga de acadar os tres puntos ante o Numancia de Ares para seguir tendo opcións á segunda posición, xa que o liderato parece ser do Ánimas. Na primeira volta vitoria dos ponteses en Ares por 0-1.
AS PONTES INFANTIL: Despois da súa derrota na casa diante do Portuarios a xornada anterior, o As Pontes infantil está obrigado a gañar este venres ó Ferrol B, segundo clasificado con tres puntos máis sobre os ponteses.
CATEGORÍAS DE FÚTBOL 8: En categoría alevín partidos comprometidos para os dous equipos, o A xoga en San Sadurniño (11º) e o B no Poboado ante o Miño B (5º). En benxamíns, o As Pontes A (8º) xoga en Sinde ante o Val (9º) e o B (10º) faino na casa contra o Numancia de Ares (3º). Por último, o prebenxamín A (6º) xoga en San Sadurniño (7º), mentres que o As Pontes B ten un difícil partido no Poboado diante do líder Cariño.
Atención ós novos horarios que puxeron para este sábado no Poboado. O alevín comezará ás 10,30, o benxamín ás 11,40 e por último o partido de benxamíns comezará ás 12,50, polo que a xornada matinal rematará sobre as dúas da tarde.
HORARIOS PARTIDOS FIN DE SEMANA
TERCEIRA DIVISIÓN (33ª xornada)
C.D. AS PONTES – C.D. CHOCO
CAMPO DO POBOADO (Domingo 6 – 17,30 h)
ÁRBITRO: ARTURO DÍAZ ÁLVAREZ (Pontevedra)
CD-As-Pontes.jpg
SEGUNDA AUTONÓMICA
CD AS PONTES B – SAN MATEO CF
Campo do Poboado (Sábado 5 – 17,30 h)
LIGA FEMININA F-8
CD SAN SADURNIÑO – CD AS PONTES
Campo da Piscina (Sábado 5 – 17,30 h)
LIGA XUVENIL GALEGA
SPORTING ESTRADA – CD AS PONTES
Campo Mpal. Figueroa, A Estrada (Sábado 5 – 18,00 h)
LIGA CADETE
CD AS PONTES – NUMANCIA DE ARES
Campo do Poboado (Sábado 5 – 16,30 h)
LIGA INFANTIL
R. FERROL B – CD AS PONTES
Campo da Gándara, Ferrol (Venres 4 – 17,30 h)
LIGA ALEVÍN
CD SAN SADURNIÑO – CD AS PONTES
Campo da Piscina (Sábado 5 – 10,00 h)
CD AS PONTES B – AD MIÑO B
Campo do Poboado (Sábado 5 – 10,30 h)
LIGA BENXAMÍN
SD O VAL – CD AS PONTES
Campo de Sinde, O Val ( Sábado 5, 11,00 h)
CD AS PONTES B – NUMANCIA DE ARES
Campo do Poboado (Sábado 5, 11,40 h)
LIGA PREBENXAMÍN
CD SAN SADURNIÑO – CD AS PONTES
Campo da Piscina (Sábado 5, 12,30 h)
CD AS PONTES B – CD CARIÑO
Campo do Poboado (Sábado 5, 12,50 h)
Nova cortesía de AF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios