SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO AS PONTES F.S. – VENTORRILLO F.S. (2-2)

51

Reparto de puntos entre o Esteo e Ventorrillo nun partido que era vital para a permanencia dos dous equipos. O partido foi moi disputado con dous conxuntos que buscaron os tres puntos dende o inicio do encontro. Así, ataques continuos nunha e outra portería, aínda que con pouco perigo na primeira metade, que rematou con empate a un gol con goles de Rubi, para o Esteo, e Matos para os coruñeses. Na segunda parte moitas máis oportunidades para os ponteses, que puideron sentenciar o encontro nos primeiros minutos en ocasións de Gerardo, Rubi e Gerveno, pero o balón non entrou por pouco e ademais os ponteses atopáronse cun porteiro, como Juanjo, que parouno e rexeitouno todo ó longo dos corenta minutos. Gerardo, no minuto once deste segundo tempo, marcou o segundo gol local, que parecía ía ser o definitivo, co que os puntos se quedarían na casa. Sen embargo, a falta de catro minutos para o final do partido, os coruñeses aproveitáronse dun grave erro defensivo dos ponteses para igualar o encontro a dous goles por mediación de Aitor, resultado que ó final sería o definitivo. Un punto para cada equipo, que pode valer moito para o Esteo de cara á permanencia na categoría de bronce do fútbol sala estatal a falta de dúas xornadas para o final. Tralo empate de hoxe, os ponteses ocupan momentaneamente a sétima praza da clasificación á espera do que fagan Guardo e Zamora nos seus compromisos contra Pizarras TC e Cuéllar.
esteo


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Chotto, Gerardo, Fran, Gerardo, Rubi –cinco inicial- Pelu, Gerveno, Rober Paz e Bolly
VENTORRILLO FS: Juanjo, Martín, Borja, Matos, Aitor –cinco inicial- Piñe, Edgar, Oscarín, Buxía, Deivi e Fon.
GOLES: Min 16 (1-0), Rubi. Min. 18 (1-1), Matos. Min 31 (2-1), Héctor. Min 36 (2-2), Aitor.
ÁRBITROS: Regular arbitraxe dos asturianos Álvarez Rodríguez e Santoveña Fernández. Amoestaron con amarela ós locais Pelu, Gerveno, Gerardo e Héctor e ós visitantes Edgar e Aitor.
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios