CLUB DEPORTIVO AS PONTES: Resultados 11/12/13 – Abril – 2014

65

TERCEIRA DIVISIÓN: RC Vilalbés -CD As Pontes (0-0)
Non foi un bo resultado para o As Pontes, que empatou a cero goles en Vilalba, nunha xornada na que perdeu o Cerceda en Vilagarcía, empataron Boiro e Ordes e gañaron o Somozas, que vai lanzado a polo título de liga, o sufridor Pontevedra e un Choco que está indo a máis. Agora mesmo, Somozas con 68, Boiro 67, Pontevedra 65, Cerceda 62, As Pontes 61, Choco 60, Ordes 55 e Arousa 52 son os que loitan polas prazas de promoción. Unhas prazas de promoción que practicamente teñen seguras Somozas, Boiro e Pontevedra, mentres que os catro seguintes terán que loitar pola cuarta.
Catro finais agárdanlle ó cadro de Manolo García de aquí ó final de liga, recibir ó Grixoa este xoves 17 (18,00) e ó Arousa e visitar ó un Cultural Areas, que tamén quere saír do descenso, e a un Bertamiráns, coa permanencia practicamente asegurada, na derradeira xornada. No encontro disputado na Magdalena, empate xusto e poucas ocasións de gol. Salientar unha de Arias e Bossa polos ponteses e outra de Álvaro por parte dos chairegos.
Xogaron polo As Pontes: Kiko, Rochela, Nano, Pablo López, Hugo Filgueiras, Dani, Iván, Bossa, Arias, Fidi (Pablo Domínguez, 80), Alex Cabarcos (Santi, 65).
Rival complicado para o As Pontes dentro de tres días, o Grixoa, que por primeira vez saíu dos postos de descenso directo. Un Grixoa con só 10 puntos acadados na primeira volta, pero na segunda leva 21 puntos (10 nas últimas catro xornadas). Un equipo que conseguiu empatar co Boiro, mentres que Cerceda e Somozas só foron quen de gañarlle pola mínima e que o vindeiro xoves virá ó Poboado non de procesión, se non a levarse os tres puntos. Por certo, será a primeira visita a As Pontes do cadro desta pequena parroquia santiaguesa.
inicio


SEGUNDA AUTONÓMICA: Gª Mugardos B – CD As Pontes B (1-3)
No duelo de filiais, vitoria do segundo equipo pontés na casa do Mugardos (1-3), tantos de Javi, Marcos Novo e Adrián Vilasuso. Xogaron Krikry, Ferreiro, Nando, Darío, Carlos, Héctor Antón, Vilasuso, Villar, Javi, Troncho, Marcos, e no segundo tempo entraron Criado, Samuel, Caínzos e Alex Cabarcos. Rápido de Neda e Cedeira 56 puntos, As Pontes e A Capela 45, Numancia de Ares e Ortigueira 43. A falta de tres xornadas para o final de liga, reciben no Poboado a Galicia de Caranza e Cariño, visitando ó Animas na penúltima xornada.
LIGA GALEGA XUVENIL: CD As Pontes – Orillamar SD (1-1)
O equipo xuvenil sacou un empate a un gol ante o Orillamar, e veuse beneficiado da derrota do Betanzos na casa ante o Ural (0-1), co cal os distancia nese duelo directo en tres puntos, e ata que se clarifique a estruturación dos grupos da vindeira tempada, é moi interesante tentar quedar por diante do cadro da cidade dos cabaleiros.
Complicado rival lle agarda a semana que ven ó As Pontes, o Bergantiños líder, que aínda que xa ten garantido o ascenso quererá lograr os tres puntos, mentres o Betanzos visita a un Imperátor que volveu gañar esta xornada despois de moito tempo, 1-2 en Negreira. Ordes e Ural, xa salvados, serán os seguintes rivais dos azuis, deixando para as dúas últimas xornadas a Imperátor e Fátima, rivais directos, partidos nos que o As Pontes deberá buscar a vitoria para certificar a salvación de por si. Descendidos de División de Honra, Bansander, Roces, Areosa e Cervantes, de Liga Nacional teñen todas as papeletas para baixar Choco, Calasancio e Lérez.
Xogaron Ángel, Moi, Jandro, Gonza, Marco, Iván, Brais, Toni, Antonio, Rivas, Lucho, e como recambios Esteban, e no segundo tempo Alex Fernández, Nahúm, Rey e Manuel.
“xuvenil”
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
LIGA FEMININA: CD As Pontes – Cedeira SD (3-1)
O equipo feminino gañou 3-1 ó colista Cedeira SD e sentencia a cuarta praza, tendo aínda que visitar ó Ortigueira, undécimo, na derradeira xornada. Xa campión Ferrol con 78 puntos, seguido de Mandiá 61, Maniños 59, As Pontes 55, San Sadurniño 51 e O Val B 50. Goles de Carlota, Yara e un en propia meta. Xogaron polo As Pontes, Leti, Sara, Nuria, Andrea Montero, Lía, Carlota, Paula, Silvia, Noelia Santalla, Ángela, Yara, Patri Dopico e Alba.
“feminino”
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
feminino
LIGA CADETE: Meirás CF – CD As Pontes (2-1)
Perdeu o cadro cadete en Valdoviño ante o Meirás por 2-1, e case se despediu da posibilidade de xogar a fase de ascenso. Ánimas con 37, Eume Deportivo 32, Cedeira 29, As Pontes 27, Meirás e Galicia Caranza B 26. Na vindeira xornada reciben ó Racing de Ferrol B, oitavo na clasificación.
LIGA INFANTIL: CD As Pontes – CCRD Perlío (6-1)
Moi ben o conxunto infantil, que tras golear 6-1 ó Perlío o pasado venres, aproveitouse da sorprendente derrota do Ferrol B diante do Meirás (1-0), e do empate do líder Portuarios ante o Galicia Caranza B (1-1). Comprímese a loita polo título con Portuarios con 40 puntos, As Pontes e Ferrol B con 39, con cinco xornadas aínda por xogar e os dous conxuntos ferroláns teranse que ver as caras na antepenúltima xornada. Complicada visita ó Naron BP, quinto, a vindeira xornada.
“infantil”
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes – Narón BP (0-11)
UD Cebarca – CD As Pontes B (4-2)
O líder Narón pasou como un ciclón polo campo do Poboado e goleou 0-11 ó Alevín A, que visita ó Animas B, sexto, na seguinte xornada. O ex colista Cebarca venceu 4-2 ó Alevín B, co que a loita polas últimas prazas queda moi apertada con As Pontes e Cebarca 12, Ferrol 11 e Rápido de Neda B con 10. Na próxima xornada chega o Meirás, terceiro, para un equipo azul que descansa na derradeira xornada.
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes – SDR Portuarios B (3-1)
SD O Val B – CD As Pontes B (7-1)
O Benxamín A gañou 3-1 ó Portuarios B, namentres que o Benxamín B perdeu 7-1 co Val B. O A marcha noveno con 22 puntos e o B décimo con 18, á espera de visitar ó San Sadurniño os primeiros e recibir ó líder Portuarios os segundos.
“benxamin”
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes – Cedeira SD (6-2)
SD R. Neda B – CD As Pontes B (4-1)
Boa vitoria do Prebenxamín A ante o Cedeira, 6-2, que os deixa na quinta praza con 23 puntos, antes de visitar ó derradeiro clasificado, Galicia de Mugardos. O Prebenxamín B perdeu 4-1 co Rápido de Neda B e segue penúltimo con cinco puntos á espera de recibir ó Ferrol C, antepenúltimo con 10, no que será o seu último encontro, pois na derradeira xornada descansa.
“prebenxamin”
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e AF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios