O ESTEO TERCEIRO NO TROFEO CIDADE DE NARÓN, QUE GAÑOU A SELECCIÓN DE VIETNAM

82

O Esteo quedou en terceira posición do VII Trofeo Cidade de Narón, logo de impoñerse na final de consolación ó Parrulo, da Segunda División, por 5-2. A selección de Vietnam alzouse co trofeo ó gañar na final ó equipo organizador do torneo, Cidade de Narón, por 4-3. O tanto da vitoria da selección asiática, que adestra Bruno García, foi anotado a falta de doce segundos para o final do partido.
En canto ó partido disputado entre ponteses e vietnamitas estivo moi disputado cun Vietnam que saíu con moita forza e a un ritmo frenético que sorprendeu ós xogadores do Esteo, que só dispoñía de catro cambios para as rotacións, mentres que Bruno García, ó dispoñer de 17 xogadores, facía os cambios en bloque aproximadamente de cada cinco minutos. Así os xogadores recuperábanse do esforzo realizado. Que dúbida cabe, que isto foi un condicionante do resultado final, aínda que o partido puido decantarse a prol de calquera equipo, xa que o Esteo nos minutos finais restrelou dous balóns nos postes e un foi sacado da mesma liña por un defensor vietnamita cando se colaba na porta. A primeira parte rematou con vantaxe de Vietnam por 1-2 e na segunda parte empatou o Esteo para sentenciar Vietnam a falta de tres minutos, nun partido que puido gañar calquera.
Total superioridade do Esteo na final de consolación contra o Parrulo ferrolán, equipo que causou unha pobre imaxe neste torneo. Na primeira parte o resultado foi de empate a dous goles, pero no segundo período os ponteses anotaron tres goles máis para acabar goleando por 5-2.
“esteo”


FICHA DOS PARTIDOS
SELECCIÓN DE VIETNAM – O ESTEO FS (3-2)
SELECCIÓN DE VIETNAM (3): Dang Phuoc, Vu Xuan, Ly Khanh, Phung Trong, Tran Vam –cinco inicial- Ngo Dinh, Le Quoc, Nguyen Trong, Tran Hoang, Phung Trong, Pham Thanh, Nguyen Bao, Ton That, Lam Tan, Doan Ngoc, Pham Duc e Ngo Ngoc
O ESTEO FS (2): Chotto, Gerardo, Héctor, Pelu, Rubi –cinco inicial- Fran, Rober Paz, Bolly, Pablo e Iván.
GOLES: Min 6 (1-0), Pham Duc. Min. 14 (2-0), Nguyen Trong. Min 18 (2-1), Fran. Min 32 (2-2), Héctor. Min. 37 (3-2), Tran Van.
ÁRBITROS: Raquel Manteiga Rodríguez, Beatriz Remeseiro López e Laura Vila Rivera (mesa), da Coruña.
O ESTEO FS – O PARRULO FS (5-2)
O ESTEO FS (5): Chotto, Pelu, Gerardo, Héctor, Rubi –cinco inicial- Fran, Rober Paz, Bolly, Pablo e Iván.
O PARRULO FS (2): Samuel, Cagi, Oly, Jacobo, Borja –cinco inicial- Óscar Pérez, Alberto, Nacho, Pedro e Ángel.
GOLES: Min 1 (0-1), Jacobo. Min. 17 (1-1), Rubi. Min 18 (2-1), Rubi. Min 19 (2-2), Borja. Min. 21 (3-2), Bolly. Min. 25 (4-2), Rubi. Min. 38 (5-2), Héctor.
ÁRBITROS: Esteban Otero Calvo, José A. Vilas Martinez e Emilio Losada Sánchez (mesa), de Santiago
INCIDENCIAS: Os catro partidos deste VII Trofeo Cidade de Narón disputáronse no pavillón da Gándara, que rexistrou unha gran afluencia de afeccionados nas dúas xornadas.
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios