Padel Eume: Xa queda menos…

99

Xa so quedan 3 xornadas para o final de liga na terceira división galega de padel , os bravos padeleiros ponteses seguen sin ceder na clasificación e xa sacan os segundos clasificados duas victorias . Na tarde do sábado desprazabanse a Ferrol para xogar contra o Schooll Padel Center “b” equipo que deambula polo medio da tabla clasificatoria.
De parella primeira entraban convencidos da victoria Daniel Lopez e Poty leal, e asi foi en pouco mais de media hora facianse co partido por un comodo 6/2-6/1.
Segundos xogaban David Lago(leyenda) e Domingo Rojas, tocoulles o partido mais intenso e igualado da tarde, depois de un primeiro set perfecto , Lago coas suas Gadañas axustadas a verxa , Rojas solido e preciso no difícil arte dos globos , o segundo seria outro cantar relaxaronse en esceso, Lago as supergadañas pasaron a ser pifias o cristal e Rojas entraba nunha dinámica de imprecisiòns que os levaba a caer derrotados. Todo quedaba para o ultimo acto, pero esta parella que estase a consolidar como se fosen Batman e Robin rápidamente puxeronse 3/0 arriba , volvían as Gadañas e a solidez de Rojas , pero non se rendían os locais e empataban a 3/3 co que se presumia un final de infarto e asi foi. Nesas circustancias os dous ponteses amosaronse frios coma o xeo, nun tie break de infarto sacaron a relucir todo o seu talento e levar o segundo punto para Padel Eume.
padel_1.jpg


Manuel Ferro e Santi Franco (os cuñaditos) que levaban bastante tempo sin facer parella entraban no terceiro turno , pero esa circunstancia non se notou en absoluto, o primeiro set foi igualado 6/4 para os ponteses no segundo os nosos cheiraron o sangue coma lobos e cargaron o xogo contra o rival mais desquiciado , e vaia se funcionou un contundente 6/0 que deixaba sentenciada a eliminatoria a prol do noso equipo.
Xalo Maira e Dani Pena xogaron un partido raro de principio a fin, escomezaron cambiados de posición polos problemas de visión e estomacais de Dani , non funcionou a cousa e perdían o primeiro envite , no segundo repuxeronse cambiando de posición na pista e gañaron cómodamente , pero a gasolina esgotouse no terceiro e non conseguiron o obxetivo da victoria.3/6-6/3-1/6.
Por ultimo Fer Caaveiro e Jorge Rivas tiveron un comodo partido , pero un pelin de relaxacion casi os leva a perder o segundo set , a falta de tensión notouse despois dos primeiros xogos, destacar o gran partido de Rivas que por motivos laboráis case non pode adestrar e amosou unha mentalidade e solidez nos momentos quentes do encontró inigualables.6/4- 7/5
padel_2.jpg
Nova cortesía de Fernando Caaveiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios