Exposición do XIII Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo

113

Permancerá na sala de exposicións do Mercado Vello dende o xoves 24 de abril ata o 7 de maio.
Nesta ocasión a Deputación da Coruña comeza a itinerancia da exposición nas Pontes, que terá o privilexio de ser o primeiro Concello en disfrutar da obra seleccionada neste Certame.
Os horarios de visita serán de luns a venres de 19:00 a 20:30h (non festivos), e os sábados de 12:30 a 14:00 horas.
A Deputación da Coruña creou este certame para apoiar, difundir e promover as artes galegas e o traballo dos seus autores. Ao Certame se presentaron máis de 208 obras procedentes de 121 creadores de diferentes orixes, variadas influencias e múltiples interpretacións da arte: acrílicos, óleos, fotografías e impresións dixitais están entre selección das obras gañadoras nesta edición. Compuxeron o xurado tres recoñecidos pintores galegos, o mestre Alfonso Abelenda Escudero, Ana Lamuño Vázquez, ademais xerente da Asociación de Artistas da Coruña e Jorge Espiral, referente máis que obrigado no mundo da arte lucense. Tamén o anticuario Cosme García Vidal, actual presidente da Asociación Galega de Anticuarios, a galerista e anticuaria Ana Gándara Martínez, así como o académico Braulio García Zamorano; coa experta colaboración de Xosé Díaz, como vocal en representación da familia de Díaz Pardo. Tras arduas deliberacións foron finalmente seleccionadas polo xurado, como obras para exposición, as provenientes dos autores Raúl Álvarez, Olmo Blanco, María Blanco, Ana Isabel Gil, Marta Fortes, López de Arroyabe, Jesús Madriñán, Tatiana Medal e Lois Patiño. No apartado de obras para adquisición, elixíronse obras dos autores Darío Basso, Jorge Barbí, Miguel Cuba Taboada, Carmen Delaco, Lara Pintos, Xurxo Lobato, Jesús Madriñán, Tatiana Medal, Sabela R. Zamudio, David Catá, José Andrés Santiago e Enrique Tenreiro.


Nova cortesía Dep Cultura

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios