TERCEIRA DIVISIÓN: CULTURAL AREAS 1 – CD AS PONTES 3

198

Gran triunfo do As Pontes en Ponteareas, co que mantén intactas as súas posibilidades de xogar o play off. Seguen soñando os afeccionados ponteses.
Nun dos poucos, por non dicir o único, campo de Terceira no que non houbo que pagar entrada, os xenerosos directivos conformanse con vender rifas, nos prolegómenos do encontro con caras coñecidas nas gradas, como o ex adestrador pontés Milo Abilleira, e antes do comezo gardouse un rigoroso minuto de silencio polo falecemento de Tito Vilanova.
Comezou avisando Bossa (18´) cun tiro de falta que despexou Adrián como puido. Pero inmediatamente avisou Alberto cun tiro cruzado que entre Kiko e o poste mandaron a córner (19´). A mellor ocasión do As Pontes, nunha gran xogada de Amado, que cede a Santi que tira, supera ó porteiro, pero salva Bruno sobre a mesma liña de gol (23´).
No 27´ chega a xogada polémica do encontro, nun penalti sinalado a Rochela no que semella que lle da ó balón. O ex xogador de Celta, Deportivo e Ourense, Jose Arenas, marca de tiro cruzado a pesar de que Kiko lle adiviña a intención.
Catro minutos máis tarde semella penalti sobre Amado de dous defensas que o colexiado non sinala. O propio xogador naronés ten unha gran ocasión servida por Santi, pero chega antes o porteiro (32´). Forte disparo de Iván a rentes do pau (38´) que sae por pouco.
Dous minutos antes do descanso, o empate, gran xogada de Santi, que controla, regatea a dous defensas e marca de tiro cruzado, un tanto que non desmerece a Primeira División.
“cdaspontes”


Anque antes do intermedio tivo un susto o As Pontes, Dani deixou pasar un balón e Carlos quedou so, e Kiko salvou como puido (46´).
Nada máis comezar o segundo tempo, outro susto, rebotalle o balón a Rochela e Carlos queda so outra vez, volve a salvar Kiko e o posterior remate de Arenas vai por alto (48´).
Aquí chegou a sentencia do As Pontes en apenas dous minutos, en sendos corners botados polo xenial Bossa, que estivo en tódolos sitios, no primeiro cabecea impecable Dani (49´) e no segundo idéntico Santi (51´) poñendo o 1-3. Entremedias puido marcar Chicho, pero chegou antes o porteiro (50´)
Outro susto no 57´, remata Alberto de cabeza, Kiko non atina a despexar e o balón vaise moi preto do pau.
Máis ocasións para o As Pontes, forte disparo de Iván (60´), tiro cruzado de Amado (66´), Chicho fora tras un contragolpe (70´) e xogadón de Amado (73´), que regatea a todos cantos defensas lle saen ó cruce, e prantase ante o porteiro, pero non sabe si trar ou pasar a Santi e o seu tiro sae moi desviado.
Tamén posible penalti a Amado por un zapatazo dun defensa dentro da área anque involuntario.
Foi sorprendnete que o bo dianteiro naronés non marcara ningún gol, pois tivoas de todas as cores, e fixo un gran partido anque non conseguiu marcar.
Non fixo falta, si os necesitaremos para as dúas derradeiras xornadas que se presentan apaixoantes, recibindo ó Arousa e visitando ó Bertamiráns na derradeira.
O As Pontes é quinto con 67 puntos. Por diante están Somozas con 72, e Pontevedra con 69, estes dous equipos enfrontanse en Pasarón a seguinte fin de semana co título en xogo, Cerceda e Boiro teñen 68 puntos. Xa sexto estaría o Choco con 63.
Próxima xornada, As Pontes-Arousa, precisase do aopio do público no derradeiro encontro da tempada na casa.
1 Cultural Areas. Adrián, Damián, Sito, Bruno, Cañi (Couso 73´), Fonseca (Cuadrado 62´), Hugo (Víctor Besada 62´), Alberto, Carlos, Arenas, Demi.
3 CD As Pontes. Kiko, Rochela, Hugo, Pablo López (Chote 69´), Dani, Nano, Iván, Bossa, Santi (Borja 77´), Chicho, Amado (Fidi 82´). Non xogaron Iván Parapar e Pablo Domínguez.
Goles: 1-0, Arenas, de penalti (27´), 1-1, Santi (43´). 1-2, Dani (49´), 1-3, Santi (51´).
Árbitro. Del Río Amor (A Coruña). Auxiliado por Acuña Piñeiro e Bermúdez Seoane. Cartóns a Damián, Roberto, Hugo, Bruno e Rochela.
Campo: A Lomba, uns 300 espectadores moi animosos.
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios