PARTICIPACIÓN PONTESA NA III CORUÑA 42

78

Este pasado domingo celebrouse a III Coruña 42, a Maratón Atlántica. Case 3000 participantes na proba entre os corredores da maratón e a proba paralela de 10kms.
Climatoloxía perfecta ás 9:00 da mañá coa saída da maratón, o que apuntaba moi boas marcas para os 42.195 kilómetros, aínda que posteriormente levantouse o vento, o que dificultou os últimos kilómetros da proba.
Vitoria contundente na proba de Rafael Iglesias baixando de 2 horas, 16 minutos, tempo insuficiente para lograr a marca mínima que buscaba para o Campionato de Europa a disputar en Zurich. En féminas a gañadora foi a debutante Sonia Teijeiro uns minutos por riba de 3 horas, tendo a proba un total de 943 corredores que chegaron á meta.
“olympo”


No apartado pontés obtivéronse os seguintes resultados:
Suso Blanco, do Club Castro de Lobadiz (intentando a súa incorporación ó Olympo) foi o primeiro pontés, chegando no posto 169 da xeral cun tempo de 3:10:07
Sito Vilasuso, do Club Atletismo Olympo, chegou no posto 179 cun rexistro de 3:11:35, moi preto da súa marca persoal.
Jose Antonio Tembrás (Chufi), do Club Castro de Lobadiz (tamén intentando a súa incorporación ó Olympo) con 3:17:08 chegou no posto 256.
Lorenzo Graña, do Olympo e debutante na proba fixo un gran rexistro de 3:30:56 para acadar o posto 429 da xeral, o que ten un gran mérito xa que chegaba lesionado á proba, o que non lle impediu ir parte da carreira tirando da lebre portadora do globo das 3 horas 15 minutos.
Noraboa ós catro, compañeiros de fatigas, que tantos e tantos kilómetros levan xuntos preparando as carreiras, adestramentos duros, horas de viaxes, lesións, sufrimento, esforzo, satisfacción, orgullo e moitas cousas máis que poden amosar o que levan vivindo estos catro fantásticos.
Pero non quedou na maratón a xornada. Os maratonianos estiveron moi ben secundados polos atletas que correron a proba de 10 kilómetros, cuns fantásticos resultados:
Miguel Vilaboy foi o primeiro atleta do clube en cruzar a meta, cun fantástico tempo de 38:44. Sendo o único representante sub 40 nesta xornada, e chegou no posto 86 da proba xeral.
Susana Bellas, foi a primeira muller do clube, facendo unha fantástica carreira, como xa nos ten acostumados, logrando un tempo de 43:53 e sendo 287 da xeral.
Virginia Polo, mellorando o seu rendemento tras uns problemas físicos, logrou chegar a meta sub 45 cun rexistro de 44:47 e sendo 342.
Jose Varela foi o 408 da proba xeral cun rexistro de 45:54
Emma Martínez, acada un tempo de 52:13 para ser a 873 da xeral
David Cardeña, logra o posto 1066 cun tempo de 55:15
Nuria Díaz, foi a 1094 cun tempo de 55:51 para completar os 10 kilómetros
Tania Bellas, e Julia Ballesteros chegaron 1154 e 1155 cun tempo de 57:05
Rosi Cal, posto 1399 para completar a proba en 1:04:41
Majo Almeida, moi preto de Rosi, con 1:05:07 no posto 1413
Cristina Rodríguez, e MªCarmen Pita chegaron cun tempo de 1:09:24, acadaron o posto 1448 e 1449
Carmen Cal, logrou a posición 1452 e un tempo de 1:09:52
MªJosé Alonso, chegou cun tempo de 1:11:07 e no posto 1458
A proba foi gañada polo atleta salmantino Jesús Galache, cun tempo de 32:21, e a proba feminina pola atleta de Ares Paula Mayobre, cun tempo de 34:02, moi preto do récord galego. A proba de 10 kilómetros tivo un total de 1474 atletas que finalizaron a proba.
E todo isto aderezado cunha animación de auténtico luxo. Como é habitual en todas as grandes citas atléticas da cidade da Coruña, contábamos co atleta do Olympo Xalo Maira como o speaker oficial da gran Maratón Atlántica Coruña 42, quen dinamizou a proba de forma exquisita dende primeira a última hora animando en todo momento e informando a todos os presentes dos distintos sucesos da proba.
E non podían faltar os animadores. Atletas e compañeiros do Clube tamén madrugaron o domingo para animar dende primeira hora da mañá, gracias Óscar, César, Modesto, Susana, Vituco e por suposto todos os atletas xa mencionados.
Fantástica xornada deportiva a vivida o domingo nas rúas da Coruña, ambiente saudable e sobre todo, moi divertido. O que amosa que o Olympo está formado por un incríble grupo humano, e no que todo o mundo que o desexe ten cabida. Noraboa
olympo
olympo
olympo
olympo
olympo
olympo
olympo
olympo
olympo
olympo
olympo
olympo
olympo
olympo
olympo
olympo
olympo
olympo
olympo
olympo
olympo
olympo
olympo
olympo
Nova cortesía de Susana Castro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios