DÚAS MEDALLAS PARA BORJA PRIETO NA COPA DE ESPAÑA DE 1000 METROS

87

O gran piragüista pontés Borja Prieto Valera desputou esta fin de semana en Verducido a Copa de España de 1000 metros, nas que sacou un bronce no K2 e unha plata no K4.
Non tivo sorte na proba de K1 1000 onde foi noveno na súa serie. Xa na final B foi segundo por detrás de Daniel Binimelis, de Portopetro. Na final A gañou Paco Cubelos por diante de Íñigo Peña e o compañeiro de Borja, Javier Hernanz. O primeiro galego, Rodrigo Germade, cuarto.
Xa na proba de K2 Borja e Javi foron 18º na contrareloxo. Gañaron a súa serie semifinal, a terceira regata. Na final venceron os dous Tudenses, Carrera-Millán ouro, Piña-Rodríguez plata. Borja e Javi foron bronce. Portopetro cuarto e Aldán (Perucho-Germade) quintos.
O domingo eran as probas do K4, Borja e os seus compañeiros, Javi Hernanz, Jaime Blanco, e Miguel Gallo, foron segundos na segunda regata semifinal. Na final, intratable o Tudense, Diego Piña, Víctor Rodríguez, Roi Rodríguez e Rubén Millán, que sacaron 5 segundos ó segundo clasificado, o Covadonga de Borja. Terceiro Avilés.
Por equipos gañou o Tudense, 693, seguido de Sevilla, 679, e Aranjuez, 500. Logo Palma, Breogán do Grove, e sexto Covadonga con 362 puntos.
gijon.jpg


Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios