A CORAL ENDESA AS PONTES CELEBRA ESTE SÁBADO O SEU 40º ANIVERSARIO

145

A Agrupación Coral Endesa de As Pontes celebra este sábado o 40º aniversario da súa fundación cun concerto titulado “Pontes Zarzuela”, no que ademais da propia coral actuarán José Manuel Campello e a Banda do Conservatorio de Música pontés. O concerto comezará ás oito do serán (20,00) deste sábado 3 no auditorio Municipal Alovi e conta co patrocinio do Concello de As Pontes.
A Coral Endesa As Pontes foi fundada por estas datas do ano 1974 por iniciativa de Alfonso de la Torre, o seu primeiro director, e Javier Núñez. Formouse por persoas afeccionadas á música coral e ó longo destes corenta anos pasaron por ela máis de 160 persoas. Actualmente está composta por 43 voces mixtas.
Neste tempo ten ofrecido máis de 500 concertos por diversas cidades da xeografía española, ademais de Suiza, Portugal e na República Checa no I World Music Festival de Praga, xunto a máis de vinte agrupacións musicais de dez países de tódolos continentes.
Ten un amplo repertorio de máis de duascentas obras de polifonía clásica, música sacra, panxoliñas, habaneiras, música popular e folclórica. Actualmente está dirixida por Olga Vigo.
A efeméride deste corenta aniversario completarase coa publicación dun libro no que se recolle a historia e os momentos máis importantes desta emblemática agrupación musical pontesa.
PONTES_ZARZUELA.jpg


Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios