ENCONTRO: A EUROPA QUE QUEREMOS

122

MARTES 6 DE MAIO ÁS 20:30 HORAS NA CASA DOPESO
O vindeiro martes 6 de maio Compromiso por Galicia organiza un encontro con Paulo Carlos López , candidato ao Parlamento Europeo, e Xoán Bascuas, Secretario Xeral da formación galeguista.
O encontro baixo o título “A Europa que queremos”, terá lugar ás 20:30 horas na Casa Dopeso. O acto quere escapar do “mitin habitual” e en palabras da concelleira Jéssica Fernández Polo que presentará o acto “persegue ser algo dinámico onde os asistentes poidan preguntar, discutir e poñer en cuestión o que se di”.
Para Paulo Carlos López o título do acto recolle a problemática actual que se nos presenta nestas eleccións europeas, “nós non queremos sair de Europa, queremos cambiala, que poña por diante os intereses da cidadanía e na que os galegos teñamos peso nas institucións europeas para defender os intereses do noso pobo”.
Para Xoán Bascuas as persoas que forman parte da candidatura de Compromiso por Galicia “posúen unha enorme capacidade de traballo e serán dignos e dignas representantes dunha Galicia viva e dinámica que queremos proxectar e defender”.
ENCONTRO-EUROPEAS-AS-PONTES.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios