I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA – AS PONTES

113

O grupo Os Feroces da Galgueira levará a cabo o vindeiro 10 de Maio a II Xornada Feroz de Música Galega, e que ó igual que no pasado ano consistirá na impartición de tres obradoiros de perfeccionamento: gaita galega, técnica vocal aplicada ó canto tradicional e baile galego.
Gracias á colaboración e facilidades dadas pola dirección do Conservatorio de Música Profesional de As Pontes esta Xornada volverase a impartir nestas instalacións.
Cada un dos obradoiros terá unha duración de 8 horas, e os seus contidos pretenden afondar nos coñecementos técnicos dos alumnos e na apredizaxe de novos recursos. Para elo Os Feroces contan con 3 intérpretes de primeiro nivel para impartir cada unha das materias, que de seguro serán clave para que cada obradoiro sexa de máximo proveito para os alumnos;
– Obradoiro de Gaita Galega: EDELMIRO FERNÁNDEZ.
– Obradoiro de Técnica Vocal aplicada ó canto tradicional: XIANA LASTRA.
– Obradoiro de Baile Tradicional: ALEXANDRE SOTELINO.
O prezo de cada un de estes obradoiros será de 35 € a pagar unha vez que a cada alumno se lle confirme a súa admisión no obradoiro que escollera.
As inscripcións pódense facer 7 de Maio na dirección de correo xornadaferoz@gmail.com, indicando claramente: nome e apelidos, teléfono e correo electrónico de contacto, e obradoiro no que se quere inscribir.
Dado que temos un límite de 15 prazas por obradoiro, a admisión de alumnos farase por rigurosa orde de inscripción.
A Xornada Feroz de Música Galega finalizará cunha foliada aberta a todo o público que queira asistir, que se celebrará na Cafetería Lar, e na que participarán entre outros grupos Airiños da Fracha de Pontecaldelas.
feroces.jpg


OBRADOIRO DE GAITA GALEGA: EDELMIRO FERNÁNDEZ
Titulado de Grao Profesional, na Especialidade de Gaita, polo Conservatorio de Música de Carballo é un dos máis reputados gaiteiros de Galicia, gañador de importantes concursos de gaitas tanto a nivel nacional como internacional: Premio Avelino Cachafeiro (2003), Premio Memorial Ricardo Portela (2008), Trofeo Macallan (Lorient, 1995-exaequo, 1996, 1998, 2001) e o Trofeo MacCrimmon (Lorient, 2007).
Edelmiro da clases de Gaita e Percusión en diferentes escolas y asociacións culturais: A Central Folque (Santiago de Compostela), Concello de Outes, “A Mámoa” de Luou, “Tahúme” de Olveira, e colabora con diversos grupos galegos (Laio, Xochilmica, PSG, …) tanto en concertos como en diferentes grabacións.
Ademáis, dende o año 2000, colabora regularmente, co compositor irlandés Shaun Davey, actuando en Lorient, Skye, Chicago y Dublin, e na grabación do CD “May We Never Have To Say Goodbye”.
Tamén é membro de La Banda Europa (Jim Sutherland), con actuaciones en NewCastle y Falkirk en 2007, e no “Celtic Connections Festival” (2008). Participa en diferentes festivales folk por todo o mundo: Canadá, Estados Unidos, Filipinas, Cuba, Escocia ou Francia.
Actualmente vive en Santiago de Compostela, onde ensina música e toca co su cuarteto tradicional “Laghareu”, con “Taghaitaí”, e co “Tri’Be_Mol” trío.
Edelmiro-Fernández.jpg
OBRADOIRO DE TÉCNICA VOCAL APLICADA Ó CANTO TRADICIONAL: XIANA LASTRA
Pontesa de nacimento, realiza os seus estudos musicais de piano no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol e recibe clases de técnica vocal e canto coa mezzosoprano Mª Xosé Ladra.
Xiana formou parte do grupo Ledicia (Ferrol) e colaborou co orfeón Terra A Nosa (Santiago de Compostela) e co grupo folk Árdelle o Eixo. Tamén participou coma cantante na gala retransmitida pola TVG “María Manuela, habemos de ir”, e no documental “Cantares Gallegos” cantando o poema “Adiós ríos, adiós fontes”.
Actualmente forma parte como cantante do grupo Odaiko Percussion Group, e nos proxectos “O meu primeiro Celso Emilio” e “A miña primeira Rosalía” xunto a míticos da canción galega coma Mini, Mero e María Manuela.
Xiana-Lastra.jpg
OBRADOIRO DE BAILE TRADICIONAL: ALEXANDRE SOTELINO
Actualmente é membro do grupos A Pontevella (Teo) e Castro-Floxo (Ourense), director do Colectivo Rebulir e profesor da Escola Xirondiña de Pontedeva, tamén forma parte da Murga tradicional Os Estoupapozas. Anteriormente, impartiu aulas en diferentes escolas de baile e música tradicional como Foula (Ourense), Escola de Paderne de Allariz, casa da xuventude de Ourense, Universidade de Santiago de Compostela, etc… Lévase formado ata o momento en diferentes grupos e escolas como foron: Foula, Castro-Floxo, Asociación Ourensá de Música Tradicional e Cantigas e Agarimos.
É destacable o traballo de recolleita que leva feito ao longo da súa vida polas aldeas e lugares do país. Ten impartido aulas, obradoiros, cursos e monográficos de baile tradicional en diferentes entidades durante os últimos anos. Ademáis é Licenciado en Pedagoxía, e ten publicado diferentes traballos que versan sobre tradición e educación.
Alexandre-Sotelino-1.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios