TERCEIRA DIVISIÓN: C.D. AS PONTES – AROUSA S.C. (2-0)

47

O As Pontes despediuse da súa afección facendo os deberes, pero Pontevedra, Cerceda e Boiro tamén e as cousas seguen igual, agás no cambio de líder, a falta da derradeira xornada na que se decidirán os catro equipos galegos que disputen a fase de ascenso á Segunda División B. O As Pontes non depende de si mesmo, se non doutros resultados. É unha mágoa, pero así é o futbol.
En canto ó partido, hai que dicir que foi de dominio local dende o principio ó final ante un Arousa que non se xogaba nada neste partido, agás a honra persoal. Xa nos primeiros minutos Bossa tivo as primeiras oportunidades. Pero, o primeiro gol non chegaría ata o minuto 23 nun forte disparo de Santi que se cola pegado ó poste da portería de Alberto. Novamente Bossa tivo unha ocasión e cando a primeira metade estaba a piques de rematar, o árbitro anulou un gol de Dani por un rigoroso fóra de xogo sinalado polo liña Mensah Pereira.
A segunda parte continuou co dominio e control do partido do As Pontes, que logrou o gol da tranquilidade tamén no minuto 23 ó sinalar un penalti o colexiado vigués por mans de Nando dentro da área. Anota Bossa e o Arousa quédase cun home menos ó recibir a tarxeta vermella directa o xogador arousán. Houbo máis ocasións para os ponteses e algunha que outra para os vilagarciáns, pero sen moito perigo para as respectivas porterías.
E todo o mundo á escoita dos resultados dos outros partidos. Pero, ó final todo quedou como estaba, agás no cambio de líder na clasificación, que agora encabeza o Pontevedra con 72 puntos, os mesmos que ten o Somozas. En terceira posición está o Cerceda con 71 e na cuarta o Boiro, tamén con 71, mentres que é quinto o As Pontes con 70 puntos.
“cdaspontes”


C.D. AS PONTES: Kiko, Rochela, Nano, Chote, Dani, Pablo Domínguez, Iván (Borja, 74), Santi (Fidi, 62), Chicho e David Amado (Sergio Arias, 74).
AROUSA S.C.: Alberto, Juanjo, José Ángel, Munin, Santi, Jponathan, Nando, Pablo Pillado (Camiño, 55), Quique Cubas, Vixo (Jesús, 73) e Eloy (Rubén, 52).
ÁRBITRO: David Iglesias Melón, asistido de Cristian Vázquez Martinez e Brian Mensah Pereira, de delegación de Vigo. Expulsou con vermella directa ó visitante Nando no minuto 55. Amarelas ós arousáns Santi e Vixo.
GOLES: Min. 23 (1-0), Santi. Min. 68 (2-0), Bossa, de penalti.
CAMPO E INCIDENCIAS: Partido da penúltima xornada de liga de Terceira División disputado no campo do Poboado ante uns 200 espectadores nas gradas en tarde de sol e calorosa. Presenza de afeccionados vilagarciáns.
POSIBILIDADES DE XOGAR A PROMOCIÓN
A falta da derradeira xornada, o As Pontes aínda ten posibilidades de meterse na promoción de ascenso sempre e cando logre un resultado mellor ca un dos catro primeiros clasificados. En caso de empate a puntos, o As Pontes só supera ó Boiro. Empatando a puntos con Boiro e Cerceda quedaría fóra da promoción.
Estas poden ser para o As Pontes as posibilidades de quedar:
PRIMEIRO: Pode incluso ser campión de liga, sempre e cando gañe en Bertamiráns e perdan Pontevedra e Somozas e Boiro e Cerceda non pasen do empate.
SEGUNDO: Pode meterse na segunda praza gañando e que perda Pontevedra ou Somozas e non venzan Boiro e Cerceda.
TERCEIRO: Pode rematar na terceira praza vencendo e que non gañen Boiro e Cerceda. Tamén pode ser terceiro empatando e que non gañe nin empate o Boiro e perda o Cerceda.
CUARTO: Pode ocupar a cuarta posición gañando en Bertamiráns e que non pase do empate o Boiro ou o Cerceda. Tamén pode ser cuarto empatando e que non gañe Boiro ou Cerceda.
PARTIDOS DA DERRADEIRA XORNADA NA LOITA POLA PROMOCIÓN
Boiro – Ordes (7º)
Somozas – Negreira (xa descendido)
Dorneda (xa descendido) – Pontevedra
Bertamiráns (14º) – As Pontes
Cerceda – Laracha (15º, salvado)
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
cdaspontes
Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios