Padel Eume: FIN A UNHA GRAN TEMPADA

115

Rematou a tempada para o equipo “B” de padel Eume con un bo fin de festa. No mediodía do sábado escomezaba a volta da eliminatoria de play off polo ascenso a terceira categoría, nas pistas do canal catro con un fantástico dia cheo de sol e calor, os ponteses desta volta plantaban cara o equipo de carballo que se amosara moi superior no seu terreo, con moi poucas posibilidades de ascender os nosos lonxe de deixarse levar perdían no terceiro set do ultimo partido a confrontación por un igualado 2/3 que otorgaba o ascenso o equipo visitante, pero os partidos foron todos moi igualados salvo o que lles tocou xogar a Toni e Ruben que o levaron moi comodo os rivais, o resto victorias en dous sets para Vila e Cillero e en tres sets para Armando e Diego, as derrotas para Nino e Portas en dous sets e Pena / Tomas caian logo dun disputadísimo partido no ultimo envite no terceiro set. O rematar no terceiro tempo todo foron boas caras tanto para os ascendidos que xa son equipo de terceira para a vindeira tempada como para Padel Eume que celebraron o subcampeonato de liga, todo un éxito na sua primeira participación na liga rias altas, para o ano isto promete cando menos os rapaces cun grupo consolidado deixaran o pelexo nas pistas e quen sabe con un pouquiño de mellor sorte intentaran conseguir o ascenso de categoría.
Pola sua parte o Padel Eume “A” certificaba o campionato de liga o vencer en Ferrol o clube de campo “c” por un contundente e claro 0/5 . Pouco que dicir tempada perfecta que ainda queda unha xornada para rematar, xa cas vistas postas no play off de ascenso a segunda categoría. Agora de pouco vale o primeiro posto na liga os ponteses xa se empezan a concienciar que a tempada xogase en duas semanas co cruce que presumiblemente sexa un equipo da Coruña, nese enfrontamento vaise dirimir quen e equipo de segunda ou quen se queda en terceira, non será fácil pero este equipo xa o ano pasado acadou un ascenso dificilísimo supererando duas eliminatorias duras e este ano por gañas e ilusión non vai quedar, animo e moita sorte CAMPIONS.
padel_eume_0001.jpg


padel_eume_0002.jpg
padel_eume_0003.jpg
padel_eume_0004.jpg
padel_eume_0005.jpg
Nova cortesía de Fernando Caaveiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios