Nota de prensa Comité de Einsa Print S.A.

118

O Comité de Einsa Print s.a. rexeita a medida adoptada pola Dirección da Empresa de despedir a 20 traballadores/as e pechar a planta de produción de Andrade (Campolongo).
O pasado luns a Dirección da Empresa despediu a 20 traballadores/as dos centros de traballo de As Pontes e Andrade, argumentando motivos económico e organizativos. O Comité de Empresa rexeita esta medida a considerar que non se asusta a realidade da carga de traballo e que non garante solución algunha para o problema real da Empresa que é o de afrontar o pagamento do crédito sindicado que ronda os 36 millóns de euros.
Dende o Comité entendemos que esta medida só busca a precarización dos postos de traballo, despedindo persoal indefinido para contratar durante o ano traballadores/as eventuais a través de ETT´s.
En asemblea de traballadores/as decidiuse realizar concentracións na porta da empresa no centro de traballo de As Pontes. Estas concentracións serán o xoves 8 de 14:30 a 15:30 e o martes 13 no mesmo horario. O obxectivo desta concentración e solidarizarse cos compañeiros/as despedidos e solicitar a retirada da medida e a apertura dunha mesa de dialogo entre a Dirección da Empresa e o Comité de Empresa.
Asdo: Comité de Empresa

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios