CONCERTO: A MIÑA PRIMEIRA ROSALÍA EN CONCERTO

98

VENRES 9 ás 21.00h auditorio municipal cine Alovi
Co gallo da celebración do cento cincuenta aniversario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, Edicións Xerais editou o libro-CD A miña primiera Rosalía. Este proxecto, baixo a dirección e a edición de Xiana e Xosé Lastra, conta coas ilustracións de María Manuela e pretende facilitar un achegamento á figura da poeta mediante unha breve biografía e antoloxia da súa obra, e grazas ás versións musicadas dalgúns dos seus poemas, que se recollen no CD nas voces de María Manuela, Mero, Mini, e Xiana Lastra, acompañadas instrumentalmente por Xurxo Varela, Nani García, Pablo Sabio, Nuria Lestegás, Paco Barreiro, Roberto Grandal, Pepe Do Pico, Simón García e Manuel Dopico.
As cantigas que conforman o repertorio son: O forno está sin pan, Vente rapasa, Tecín soia, Paseniño, Lévame a aquela fonte cristaíña, No ceo azul crarísimo, Miña santa Margarida, Negra Sombra, A xusticia pola man, Vamos bebendo e Mais ó que ben quixo un día. Cerra o espectáculo a interpretación do poema que Curros Enríquez lle dedicou a Rosalía.
Venta de entradas: venres 9 de 12:00 a 13:30 h e a partir das 19:30 h na taquilla do Auditorio.
Prezo: 3€ e 1,50 € (prezo reducido para menores de 12 anos, carné xove, carné estudiante (ata 26 anos) e maiores de 65 anos)
rosalia.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios