SEGUNDA DIVISIÓN B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO AS PONTES F.S. – M. BEMBRIVE F.S. (3-9)

82

Triste despedida da tempada do Esteo ante o Mosteiro Bembrive, equipo que con esta clara vitoria acadou o subcampionato de liga e a súa participación na vindeira copa do Rei. O resultado final de 3-9 di o que sucedeu este sábado na pista do pavillón municipal da Fraga, total dominio do cadro vigués que veu a As Pontes a por todas e deixou en evidencia as carencias dun Esteo que grazas ós tropezos doutros equipos seguirá un ano máis na categoría de bronce do fútbol sala español, pero que neste partido deixou moito que desexar e terá que mellorar moito para facer un papel mellor na vindeira tempada. Puido quedar na sexta posición, pero ó final pode rematar na décima.
O gol inicial de Rober Paz foi todo un espellismo, porque a partir de aí foi un auténtico vendaval de xogo e de goles do conxunto visitante, que ó descanso xa gañaba por un claro 2-5. Ó final, unha goleada por 3-9, que puido ser de escándalo, e total ledicia dos xogadores e os numerosos afeccionados desta Entidade Local viguesa que se achegaron ata As Pontes para apoiar ó seu equipo e ó final celebrar o subcampionato de liga.
“esteo”


FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Iván, Gerardo, Héctor, Rubi, Rober Paz –cinco inicial- Bolly, Pablo, Diego e Chotto.
BEMBRIVE FS: Cuca, Jacobo, Borra, Ges, Yoni –cinco inicial- Michel, Berni, Nené, Mario e Marcos.
GOLES: Min 2 (1-0), Rober Paz. Min. 3 (1-1), Jacobo. Min. 8 (1-2), Nené. Min 12 (1-3), Ges. Min. 14 (1-4), Ges. 15 (2-4), Rober Paz. Min. 20 (2-5), Nené. Min. 21 (2-6), Mario. Min. 31 (3-6), Rubi. Min. 32 (3-7), Berni. Min. 33 (3-8), Nené (dobre penalti). Min. 39 (3-9), Nené.
ÁRBITROS: Ferrero Carballal, Sierra Márquez e González Vázquez (mesa), da delegación de Pontevedra. Expulsaron, por dobre amarela, a Héctor, do Esteo. Tamén foron amoestados Pablo, Gerardo e Rubi, do Esteo, e Mario, do Bembrive.
INCIDENCIAS: Derradeiro partido do grupo primeiro da Segunda División B disputado este sábado no pavillón municipal da Fraga, que rexistrou unha asistencia de douscentos cincuenta afeccionados, dos que máis de 150 eran seguidores de Bembrive, que ó final celebraron o subcampionato de liga do seu equipo, que lle dá a opción de disputar a fase de ascenso á Segunda División trala renuncia do Cidade de Narón, campión de liga. Antes de iniciarse o partido gardouse un minuto de silencio polas vítimas do equipo de Monterrubio de la Serena.
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
esteo
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios