CLUB DEPORTIVO AS PONTES: Resultados 10/11 – Maio – 2014

91

ADEUS Á PROMOCIÓN DE ASCENSO
Coa mel nos beizos quedáronse os xogadores e os afeccionados do Club Deportivo As Pontes nunha derradeira xornada na que houbo moita emoción nos distintos campos de fútbol pola incerteza de saber os equipos que xogarían os “play off” de ascenso á Segunda B.
Ó final ninguén fallou, xa que todos gañaron, agás o Pontevedra, que a piques estivo de quedar fóra. As cousas quedaron como estaban. Somozas, Cerceda, Boiro e Pontevedra, por esta orde, disputarán a promoción de ascenso. O As Pontes, a pesar de gañar en Bertamiráns, quédase ás portas obtendo os mesmos puntos có Pontevedra. Agora vén á cabeza dun o maldito mes de marzo con tan só dous puntos logrados, sobre todo a dolorosa derrota no Poboado ante o Ordes e o empate en Negreira xogando con dous máis. Pero, o fútbol é así.
Brillante título de liga para un Somozas, que se desfixo claramente (4-2) do Negreira, equipo que descende de categoría. Tamén clara vitoria do Cerceda (3-0) ante o Laracha e algo máis apurada a do Boiro (2-1) diante do Ordes.
Decepción a medias do Pontevedra, pero ó final xogará a promoción como cuarto clasificado. Comezou ben o equipo granate co gol de Fran Fandiño no minuto 33, pero dous minutos despois empataba Rebollo para os locais. A punto estivo de quedarse fóra da promoción, o que beneficiaría ó As Pontes, pero o potente disparo do dianteiro oleirense Chequi, no tempo de prolongación, foise ó pau da portería pontevedresa, rematando o partido con ese empate a un gol e decepción dos xogadores granates, que neste derradeiro encontro pasaron do liderato á cuarta posición.
Con resignación se quedaron os ponteses, que, aínda tendo os mesmos puntos que Pontevedra (73), quedan fóra da promoción. É a primeira vez que dende que se estableceron os tres puntos (1995/96) por vitoria, un equipo queda fóra da promoción con esa puntuación. ¡¡¡ Que se lle vai facer !!!.
Botando unha ollada a hemeroteca, na tempada 2001/02 o Compostela B foi primeiro con 69 puntos, seguido de Alondras e Betanzos con 66 e cuarto o Lemos con 65. O Cerceda disputa por novena vez a promoción. Nas anteriores non logrou ascender. Somozas, a gran sorpresa da Terceira galega, e Boiro xogan por primeira vez a promoción.
Que se repita a gran tempada realizada polo As Pontes nos vindeiros anos vai resultar, non imposible, pero si un tanto difícil de conseguir. É unha mágoa que non se rematara coa disputa da promoción e ter unha viaxe bonita e interesante para xogadores e afeccionados.
Dende aquí felicitamos a todos e desexamos moita sorte ós catro na fase de ascenso. Pero, felicitar sobre todo ó Somozas, un equipo dunha vila pequena, polo seu primeiro título de liga de Terceira División na súa historia, o que lle permite disputar por primeira vez a promoción de ascenso á categoría de bronce do fútbol español.
“cdaspontes_b”


SEGUNDA AUTONÓMICA: CD As Pontes B – CD Cariño (1-0)
Sensacional o segundo equipo que venceu 1-0 ó Cariño, tanto de Javi no último minuto, e acaba terceiro clasificado empatado a puntos co A Capela, 54, por detrás de Neda, 66, e Cedeira, 57. Xogaron Iván, Darío, Nando, Héctor, Carlos, Martín, Ferreiro, Moi, Javi, Troncho, Criado. Logo entraron Krikry, por lesión de Iván, Samuel, Adrián e Villar.
cdaspontes_b
cdaspontes_b
cdaspontes_b
cdaspontes_b
cdaspontes_b
cdaspontes_b
cdaspontes_b
cdaspontes_b
cdaspontes_b
cdaspontes_b
cdaspontes_b
cdaspontes_b
cdaspontes_b
cdaspontes_b
cdaspontes_b
cdaspontes_b
cdaspontes_b
cdaspontes_b
LIGA GALEGA XUVENIL: Ural CF – CD As Pontes (1-1)
Empate do equipo xuvenil na Coruña ante o Ural (1-1), con tanto de Martín no derradeiro minuto. A derrota do Betanzos ante a Milagrosa, e os triunfos do Imperátor ante O Val (1-0) e Fátima ante Calasanz (2-1) comprimen a táboa por abaixo, de tal forma que As Pontes ten 30 puntos, Betanzos 29, Imperátor 26 e Fátima xa descendido 21. A vindeira fin de semana partido clave, As Pontes-Imperátor, encontro no que os coruñeses gañando aínda poden salvarse. De momento hai dous descensos, un arrastre, e un renacido Choco en Liga Nacional fai que poida haber dous aínda que é difícil, así que hai que quedar cuarto pola cola si ou si. Xogaron polo As Pontes: Ángel, Esteban, Jorge, Gonza, Martín, Moi, Alex Fernández, Iván, Lucho, Toni e Jandro, saíndo no segundo tempo Rey, Caínzos, Alex Cabarcos, e Tiny.
LIGA INFANTIL
CD As Pontes – SD O Val (9-0)
O Infantil gañou 9-0 ó Val, e a vitoria de Portuarios 10-0 ante Perlío e a máis que presumible de Ferrol B ante San Pedro este luns fai que o Portuarios teña 50 puntos e o As Pontes 49 como seguramente conseguirán os verdes. Así que na derradeira xornada xogaranse o título de Liga cun Portuarios favorito que ten que visitar ó Narón, sexto, As Pontes ó San Pedro, undécimo, e o Ferrol B ó Perlío, noveno.
“infantil”
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
infantil
1ª AUTONÓMICA ALEVÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes – Amistade Meirás (1-1)
Moi ben o Alevín A, que consigue o seu cuarto punto da Liga, e cuarto empate, a costa do Amistade de Meirás (1-1). Despide a Liga visitando ó Eume Deportivo, cuarto.
“alevin”
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
alevin
1ª AUTONÓMICA BENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes – R. Ferrol D (1-1)
Cedeira SD – CD As Pontes B (7-1)
Gran empate (1-1) do Benxamín A diante do líder R. Ferrol D e derrota (7-1) do Benxamín B ante o segundo, Cedeira. Co que se sitúan sétimo con 35 puntos e décimo con 18, visitando ó terceiro, Numancia, o A, e recibindo ó quinto, Ánimas, o B.
“benxamin”
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
benxamin
1ª AUTONÓMICA PREBENXAMÍN F-8 (2ª Fase)
CD As Pontes – SD O Val (7-1)
O Prebenxamín A remata moi ben a tempada. Gañou 7-1 ó Val co que quedará seguro como cuarto mellor equipo da comarca con 35 puntos, por detrás de Narón, R. Ferrol e Galicia Caranza B, descansando na derradeira xornada.
Nesta fin de semana descansaron o equipo feminino, que está a participar na copa, e o conxunto cadete. Os equipos Alevín B e Prebenxamín B xa remataron as súas Ligas.
“prebenxamin”
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
prebenxamin
SORTEO DOS “PLAY OFF” DE ASCENSO
A SEGUNDA DIVISIÓN
Nástic Tarragona-R. Ferrol
A SEGUNDA DIVISIÓN B
CD Tenerife – CCRD Cerceda
Pontevedra CF – Club Portugalete
Náxara CD (Nájera) – CD Boiro
Valladolid B – UD Somozas
Nova cortesía de Xosé A. Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios