CLUB DEPORTIVO AS PONTES: PARTIDOS 16/17/18 – MAIO – 2014

60

Rochela.jpgUN DATO PARA A HISTORIA
O DEFENSA JAVIER ROCHELA MARCOU O GOL 3.000 DO C.D. AS PONTES
Nesta tempada que rematou o pasado domingo, na que o Club Deportivo As Pontes estivo a piques de meterse nos “play off” de ascenso, pero que se quedou fóra a pesar de lograr os mesmos puntos (73) có Pontevedra. É a primeira vez que un equipo galego se queda ás portas da promoción con esta puntuación. Incluso 22 equipos que se clasificaron este ano para disputar a promoción de ascenso á Segunda B non alcanzaron eses 73 puntos logrados polo As Pontes. ¡¡¡ Así é o fútbol !!!
Sen embargo, hai un dato histórico que se rexistrou esta tempada e que debemos resaltar. Foi a consecución do GOL NÚMERO 3.000 do primeiro equipo en partidos de competición dende que o Club se federou o 28 de setembro de 1960.
Sucedeu no partido disputado no campo do Poboado o pasado sábado, 4 de xaneiro de 2014, entre o CD As Pontes e o Laracha CF, que rematou con vitoria pontesa por 4-2. Ese gol tres mil foi marcado polo lateral dereito Javier Rochela, quen no minuto 7 de partido, en xogada persoal, internouse pola banda dereita batendo por baixo ó porteiro larachés, marcando o primeiro gol do As Pontes.
Polo tanto, o bo xogador pontés Javier Rochela Calvo, irmán do campión europeo e subcampión mundial Sub17, David Rochela (hoxe no Buriram thailandés) convértese nun histórico do Club ó seren o autor do gol 3.000 do Club pontés en 54 anos de historia.


OS ANTERIORES GOLES HISTÓRICOS
Sinalar que o gol 500 marcouse o 22 de marzo de 1970 no partido da Serie A Rexional, Arcade-Calvo Sotelo (6º gol do 0-7 co que rematou o partido), descoñecéndose o seu autor, xa que non hai datos da acta dese partido. O tanto 1.000 foi anotado por Juan “Recemel” (actual directivo da UD Somozas, brillante campión de liga de 3ª División desta tempada) no minuto 60 do encontro R-Neda-Endesa (3º gol do 1-4), de Segunda Rexional disputado o 26 de marzo de 1978 no campo do Neda.
O gol 1.500 logrouno Aneiros no encontro Endesa-Lemos (3ª División) disputado no Poboado o 9 de marzo de 1986. Foi o terceiro tanto marcado no minuto 70 (3-0). O número 2.000 conseguiuno o bravo xogador coruñés Ramiro no Endesa As Pontes-Deportivo B (3-0, 3ª División) o 13 de abril de 1995. Foi no minuto 21 ó marcar o primeiro gol do Endesa As Pontes. Finalmente, o gol 2.5.00 do C.D. As Pontes acadouse o 20 de marzo de 2005 no minuto 79 ó marcar Edi (fillo do emblemático “Recemel”) o único gol do partido Sarriana-As Pontes de Rexional Preferente.
PARTIDOS DOMINGO 18
COPA DE AFECCIONADOS (Ferrol)
CD AS PONTES B – UD CEBARCA
Campo do Poboado (Domingo 18 – 17,30 h)
CD-As-Pontes-B.jpg
COPA FEMININA F-8
CD AS PONTES – R. FERROL
Campo do Poboado (Domingo 18 – 11,30 h)
PARTIDOS SÁBADO 17
LIGA GALEGA XUVENIL
CD AS PONTES – IMPERÁTOR OAR
Campo do Poboado (16,30 h)
LIGA INFANTIL
R. SAN PEDRO – CD AS PONTES
Campo da Gándara, Ferrol (11,30 h)
PARTIDOS VENRES 16
LIGA CADETE
CEDEIRA SD – CD AS PONTES
Campo do Beco, Cedeira (18,30 h)
LIGA ALEVÍN
EUME DEPORTIVO – CD AS PONTES
Campo da Gándara, Pontedeume (18,15 h)
LIGA BENXAMÍN
NUMANCIA ARES – CD AS PONTES
Campo de Prados Vellos, Ares (18,45 h)
CD AS PONTES B – SDR ÁNIMAS
Campo do Poboado (19,30 h)
COPA PREBENXAMÍN
CAMPO DOS PINARES (Perlío)
CD AS PONTES A (16,00 H)
CD AS PONTES B (18,00 H)
CATEGORÍA BIBERÓN
CD AS PONTES – EUME DEPORTIVO
Campo do Poboado (18,00 h)
Nova cortesía de A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios